Monitoras de do centro Gaia impartiron unha charla na Fundación Eu Son sobre o aforro enerxético. Ademais da charla tamén se lles deu aos rapaces un xogo para o ordenador Os sostibles, aforrando enerxía do Inega, para que aprendan xogando a aforrar enerxía nas súas vidas diarias. A Concellería de Medio Ambiente de Burela realiza diferentes charlas e actividades cos rapaces da Fundación Eu Son ao longo do ano.
