Dous equipos de estudantes de Lugo, finalistas na competición do programa de formación empresarial RetoAlcoa
-Os gañadores desta competición empresarial coñeceranse o 27 de abril, nunha final presencial que terá lugar en Madrid
-A final inclúe o seminario “Oportunidades de Inserción Socio-Laboral”
O equipo FRIENDSS do Instituto de Educación Secundaria María Sarmiento de Viveiro e o equipo BADBOYS do Instituto de Educación Secundaria Rio Cabe de Monforte de Lemos quedaron finalistas da X edición da competición empresarial RetoAlcoa, promovida e patrocinada por Fundación Alcoa e organizada por Fundación Junior Achievement, na que participan 240 equipos de estudantes de secundaria e formación profesional das distintas comunidades nas que Alcoa está presente en España. Logo de catro meses de competición e de dúas roldas eliminatorias, RetoAlcoa xa ten os oito finalistas de 2012 que competirán na final presencial que terá lugar en Madrid o 27 de abril.
O resto dos oito equipos finalistas proveñen de Arteixo (A Coruña), Avilés (Asturias), Durango (Biscaia), Pozuelo de Alarcón (Madrid), Alacante e O Campello (Alacante).
A edición deste curso de RetoAlcoa arrincou a finais de 2011, cando setecentos vinte estudantes, que formaron 240 equipos, adoptaron o papel de directivos dunha empresa ficticia. Aínda que virtual, o desenvolvemento da competición está condicionado polos mesmos factores da evolución real do mercado, como o impacto dos movementos dos mercados e as decisións dos propios participantes en relación ao volume de produción, prezo, investimento en publicidade e investigación. Un total de 46 equipos lucenses participaron nesta edición do concurso, e catro deles, os equipos YANAL e MACLAREN (do Instituto de Educación Secundaria Rio Cabe) e os finalistas BADBOYS (tamén deste instituto) e FRIENDSS (do Instituto María Sarmiento), lideraron a clasificación para a zona de Lugo na segunda fase da competición.
Por cuarto ano consecutivo, ofrecerase o seminario “Oportunidades de Inserción Socio-Laboral”, no cal profesionais de diferentes áreas darán clases prácticas aos finalistas de RetoAlcoa, que terá lugar un día antes da gran final.
RetoAlcoa ten como obxectivo estimular o espírito emprendedor dos máis novos. Mediante unha competición emocionante e atractiva, os estudantes que participan poden aplicar de forma práctica os coñecementos adquiridos nas materias de matemáticas, administración de empresas e economía. Para que o programa cumpra os seus obxectivos educativos de xeito óptima, a tutela e asistencia dos profesores de cada centro é imprescindible.
Junior Achievement desenvolve programas educativos que proporcionan aos novos coñecementos básicos sobre os sistemas socioeconómicos que rexen a actividade empresarial, co fin de impulsar neles o espírito emprendedor.
Fundación Alcoa, que se sustenta dos seus propios activos financeiros, contribúe a mellorar a calidade de vida dos habitantes que forman parte das comunidades nas que Alcoa está presente, financiando proxectos de organizacións que melloran as oportunidades en educación e formación, saúde e seguridade, e de respecto ao medio ambiente. En San Ciprián, Alcoa conta cun complexo industrial que inclúe unha planta de alúmina e outra de aluminio primario.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



