O PLAN RE-EXPORT DE ECONOMIA E INDUSTRIA FACILITA O FINANZAMENTO DE OPERACIÓNS DE EXPORTACIÓN DAS PEMES GALEGAS POR 10 MILLÓNS DE EUROS
? Javier Guerra destaca que o novo programa “pecha o círculo dos apoios e servizos do Igape á internacionalización das empresas”
? O obxectivo é conseguir que o empresario cun bo produto para competir no exterior non deixe de facelo por falta de financiamento
? O novo programa completa os apoios do Igape, que xa concedeu na lexislatura 27 millóns de euros en axudas directas no ámbito da internacionalización
Santiago, 17 de abril de 2011.- A Consellería de Economía e Industria está a pór en marcha unha nova liña de avais, para facilitar o financiamento das operacións de exportación das pemes galegas por importe de 10 millóns, segundo anunciou hoxe o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, durante a presentación do programa re-Export.
Guerra salientou que o programa re-Export, que achegará avais do 50% para facilitar as operacións de exportación das pemes galegas, está chamado a “pechar o circulo dos apoios e servizos do Igape á internacionalización das empresas”. Un círculo que, segundo o conselleiro de Economía e Industria, “comeza cos diagnósticos gratuítos que acaba de pór en marcha a Consellería, co programa re-Acciona, e remata cando a empresa logre financiar e cobrar as exportacións dos seus produtos, grazas ao re-Export”.
Javier Guerra lembrou que o impulso á internacionalización constitúe un dos obxectivos estratéxicos da política económica do Goberno galego e salientou que, “a través do Igape, se está a traballar neste eido, dando resposta ás necesidades dos empresarios galegos” en cada unha das etapas a seguir: a valoración de oportunidades, a toma de decisións, o servizo en orixe e destino e as axudas e apoios financeiros.
O programa re-Export pon en valor a importancia da colaboración e implicación das entidades financeiras e está destinado a impulsar as exportacións das pemes de calquera actividade produtiva, facilitando o acceso ao financiamento operativo, tanto para iniciar como para ampliar e consolidar a actividade exportadora. As operacións avaladas polo programa re-Export oscilarán entre os 80.000 e os 250.000 euros.
Os avais concedidos polo Igape, ao abeiro do novo programa, poderán garantir operacións de financiamento de materias primas para a fabricación dos produtos a exportar e de gastos derivados dos procesos de envasado e preparación para o envío ao exterior; do mesmo xeito as axudas facilitarán o cobro anticipado dos importes das exportacións contratadas e materializadas.
O conselleiro de Economía e Industria destacou que o programa re-Export completa a oferta de apoios á internacionalización do Igape, que concedeu nesta lexislatura máis de 27 millóns de euros en axudas directas para respaldar máis de 2.500 proxectos e mobilizar investimentos que superaron os 52 millóns de euros. Segundo lembrou Guerra, “temos multiplicado por catro, con respecto ao final de pasada lexislatura, os recursos dedicados, cada ano, á internacionalización das pemes galegas”.
Axudas 2012
Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería vén de convocar a través do Igape seis programas de axudas á internacionalización dotados con 12,5 millóns de euros e que inclúen desde apoios para a contratación de xestores de exportación ata axudas para primeiras implantacións promocionais no exterior, entre outros. A estas axudas súmanse agora os avais do programa re-Export, para que o empresario que dispoña dun bo produto para competir no exterior non deixe de facelo por falta de financiamento.
Remitido
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



