A Concellería de Cultura de Lourenzá e a Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou”, anuncian, co gallo da conmemoración do Día do Libro, unha conferencia, a cargo de Emilio José Ínsua López, que leva por título “A sociedade de instruccción VIVERO Y SU COMARCA. Unha cala no papel dos indianos no panorama educativo e cultural do seu tempo”. Será o vindeiro xoves, ás 19:00 horas, nas dependencias do Salón de Actos da Casa da Cultura. Con esta actividade, pretendemos achegar a traxectoria e a historia desta Sociedade Cubana moi similar á que os laurentinos fundaron en La Habana, “Sociedade Hijos de Lorenzana en La Habana”.
Emilio José Ínsua López falará en Lourenzá da sociedade de instruccción Vivero y su Comarca
Emilio José Ínsua López falará en Lourenzá da sociedade de instruccción Vivero y su Comarca
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón