O salón de usos múltiples do concello de Viveiro acollerá dende o mércores 25 de abril ate o martes 1 de maio a exposición, “De onte a hoxe : lembrando o pasado” que recolle os traballos que realizaron as familias e alumnas/os de primaria e secundaria dos centros PLAMBE.
( Plan de melloras de bibliotecas escolares ) do Concello de Viveiro xunto ca participación do CEIP de Xove.
Os obxectivos da actividade eran facilitar a recuperación e achegamento á literatura infantil e xuvenil de todos os tempos,motivar cara a importancia da lectura como fonte de pracer na vida das persoas,fomentar hábitos lectores dentro e fora dos centros e implicar ás familias nos proxectos destes.
A exposición estará aberta ao público do 25 de abril ao 1 de Maio ( ambos incluídos) agás o domingo en horario de 18:30 a 20:00 horas.
Colabora : Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro
DO 25 DE ABRIL AO 2 DE MAIO
SALA DE EXPOSICIÓNS
(Antiga Casa do Concello)
VIVEIRO
EXPOSICIÓN ABERTA ÁS FAMILIAS E
AO PÚBLICO EN XERAL
MÉRCORES, 25 DE ABRIL, ÁS 20:00 H.
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN:
Coa participación de
? MARTA CORIA (Asesora das Bibliotecas Escolares do CFR
de Lugo)
? PILAR SAMPEDRO (Asesora de Bibliotecas Escolares da
Consellería de Educación)
? Comunidades Educativas dos Centros
? Autoridades
DÍAS 26, 27, 28, 30 DE ABRIL E 1 DE MAIO
De 18:30 a 20:00 horas
MÉRCORES, 2 DE MAIO A PARTIR DAS 18:30 H.
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN CON
SESIÓNS DE CONTACONTOS E LECTURAS DE POEMAS
INFANTIL ÁS 18:30 H.
? CRISTINA FREÁN LAMELA (CEIP Pedrosa Latas, Celeiro)
? REBECA PALMEIRO CHAO (CEIP Pedrosa Latas, Celeiro)
PRIMARIA ÁS 19:00 H.
? PAULA LÓPEZ OTERO (CEIP Pedro Caselles Rollán, Xove)
SECUNDARIA ÁS 19:30 H.
? SUSANA QUINTELA (IES María Sarmiento) xunto con
ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º ESO
COLEXIOS PARTICIPANTES:
? EEI SAN ROQUE (VIVEIRO)
? CEP LOIS TOBÍO (VIVEIRO)
? CEIP A. PEDROSA LATAS (CELEIRO-VIVEIRO)
? CEIP DE COVAS (COVAS-VIVEIRO)
? CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN (XOVE)
? IES MARÍA SARMIENTO (VIVEIRO)
? IES VILAR PONTE (VIVEIRO)
ORGANIZAN:
? BIBLIOTECAS ESCOLARES DO PLAMBE DOS CONCELLOS DE
VIVEIRO E XOVE
COLABORAN:
? CONCELLERÍA DE CULTURA
? EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



