Dise que é tal a importancia que ten a lectura na formación intelectual e cívica da persoa que fíxolle dicir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “cando escoito que un home ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben del”.
Dáse por aceptado que a lectura é porta á cultura, pois pode dicirse que sen aquela dificilmente se accede a esta; de aí que as institucións con responsabilidades neste eido, se apliquen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e esa práctica.
Suponse que nese marco a concellería de Cultura de Foz organizara o Maratón de 24 horas de Lectura, que durante varios anos celebrouse polo Día do Libro; efeméride que, sen que se explicaran as causas, hai xa tempo foi suprimido. ¿Cansancio? ¿Falta de interese e, polo tanto, baixa participación de lectores? Non sabemos; retirouse, e punto.
Unha interesante forma de promoción, e disfrute dela, é tamén a través dos “clubes de lectura”, que na nosa bisbarra funcionan en varios pobos, Foz entre eles; acaso sexa esta, en aspectos, mais efectiva que o “maratón”, ó engadir matices que enriquecen a didáctica da lectura: o clube aglutina a un grupo de persoas que len o mesmo libro. Xúntanse logo e, coa participación dun moderador, coméntano e debaten sobre o contido: argumento, estilo literario, acción, personaxes… que deriva a veces cara outras apreciacións, porque “quen le moitos libros e non pensa sobre eles, é unha estantería”. Dúas son as vantaxes desta modalidade: tras a lectura persoal e íntima, compartir con outras persoas os análises e consideracións; son, pois, as vantaxes do “traballo en equipo”, ao que somos pouco dados. Na medida do posible os clubes procuran a presencia nas súas xuntanzas do autor do libro que leron previamente, o que engade especial interese: unha experiencia que aumenta o atractivo.
Alguén dixo que analfabeto non é o que non sabe ler, senón o que sabendo, non le. O vindeiro luns é o “Día do Libro”. Unha forma axeitada de celebralo podería ser lendo estes días un a maiores.
Suso Fernández



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



