ALFONSO FUENTE FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DA SEMANA SANTA. O ALCALDE ASEGURA QUE O CONCELO É UN REFERENTE TURÍSTICO NA COMARCA DA MARIÑA.
Barreiros, 9 de abril de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, fai un balance moi positivo da semana santa. O rexedor asegura que o concello é un referente turístico na comarca da Mariña e que “hai que seguir apostanto polo turismo porque é un valor en alza”.
Fuente Parga sinalou que “en Barreiros, si temos en conta que non é un concello que celebre procesións de semana santa e si lle engadimos que o tempo non axudou moito, temos que dicir que houbo unha grande afluencia de xente no municipio. Os que viñeron visitarnos estiveron disfrutando dos paseos marítimos e doutros puntos de interés de Barreiros”.
O alcalde barreirense dixo que “o balance é moi positivo. Esta semana santa demostra que Barreiros ten un tirón importante que se verá tamén durante o verán. Seguimos a ser un referente turístico na Mariña lucense que conmplementa a oferta de toda a comarca”. Alfonso Fuente considera que “hai que seguir apostando polo turismo no noso concello porque é un valor en alza”.
Remitido