GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE A VISITA DE HOXE DE RODRÍGUEZ VALERO E PEDROSA DEMOSTRA O COMPROMISO DA MINISTRA DE FOMENTO CON BURELA. E LEMBROU QUE OS PRIMEIROS PASOS PARA A CONSTRUCCIÓN DO NOVO EDIFICIO DE CAPITANÍA MARÍTIMA DÉRONSE NA SÚA ANTERIOR ETAPA COMO ALCALDE.
Burela, 19 de abril de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, fixo unha valoración positiva da visita cursada á vila hoxe polo director general da Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero, e do director de Salvamento Marítimo, Juan Luis Pedrosa. Primeiro acudiron á actual sede de Capitanía Marítima, despois visitaron as futuras instalacións para comprobar o estado de execución e remataron cunha comparecencia diante dos medios no Concello. O rexedor lembrou que os primeiros pasos para conseguir a construcción do novo edificio de Capitanía Marítima déronse na anterior etapa do PP ao frente do Concello de Burela e subliñou que a ministra de Fomento, Ana Pastor, cumpre co compromiso de rematar estas obras.
González Barcia dixo que “a visita que hoxe fixeron a Burela tanto o director general da Marina Mercante como o director de Salvamento Marítimo é importante porque demostra o compromiso do Ministerio de Fomento con Burela, especialmente da súa ministra, da galega Ana Pastor, en rematar unha obra que tivo os seus inicios na anterior etapa do PP, a finais do ano 2005 ou principios de 2006”.
O rexedor burelés lembrou que “o convenio de cesión da finca onde se ubica Capitanía Marítima, entre Portos e Fomento, fíxose na miña etapa anterior de alcalde. Aqueles pasos que comezaron dun xeito moi humilde dan o fruto que dan”. José María González Barcia considera que “é un bó servizo para a comarca e para Burela, se mellorará a calidade dos servizos que se prestan desde Capitanía Marítima, e eu como representante do conxunto dos cidadáns deste concello teño que estar satisfeito de que Ana Pastor cumpra cos seus compromisos”.
O alcalde aludiu tamén “á visita que eu lle fixen á ministra de Fomento o pasado 6 de marzo e un dos temas que abordamos foi o das obras do novo edificio de Capitanía Marítima. Naquel momento Ana Pastor díxome que había algunhas discrepancias entre a dirección de obra e a empresa adxudicataria, discrepancias que se solventaron nun encontro celebrado no mesmo Ministerio e hoxe é un día como para estar satisfeitos porque se demostra e se corrobora o compromiso de Ana Pastor de que as obras deberían continuar”.
Barcia agarda que “agora as obras rematen, que se equipe o edificio canto antes e que o inmoble se poña a funcionar con todos os traballadores que alí ten que haber. O obxectivo é que dea servizo ao sector náutico-pesqueiro, que aquí en Burela ten un peso específico enorme”. E engadiu que “nós desde o Concello vamos estar sempre en disposición de apoiar ao sector pesqueiro porque consideramos que Burela viviu, vive e vivirá de cara ao mar, e vamos colaborar sempre co Ministerio de Fomento en todas aquelas cuestións que poidan repercutir de forma beneficiosa no noso concello. Dentro duns meses contaremos cunhas instalacións que Burela se merece e que se merece toda a comarca”.
Na súa intervención no salón de plenos do Concello o director general de Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero, subliñou que gracias ás xestións realizadas polo alcalde de Burela directamente coa ministra de Fomento conseguíuse impulsar as obras de construcción da futura sede de Capitanía Marítima.
Remitido






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



