A decisión da Xunta de non financiar a axuda no fogar pon en risco a atención de preto de 60 veciños en Riotorto e a desaparición de 5 empregos.
Estoa demanda financiación autonómica para un servizo que
custa 72.000 Euros
O Alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, esixiu no día de hoxe
que a Xunta de Galiza proceda a retirar o Decreto 99/2012 de 16 de marzo, publicado
no DOG de 30 de Marzo, curiosamente na mesma data en que o Goberno do Estado
facía publica a súa proposta de Orzamentos para 2012, polo que o Goberno galego
aproba un novo modelo de financiamento para os servizos de benestar en Galiza que
exclúe das axudas públicas para o servizo de axuda no fogar básico aos Concellos de
menos de 20.000 habitantes.
Segundo indicou o Alcalde do BNG, “esta medida que afecta a 293 Concellos galegos,
entre eles a Riotorto, establece un trato claramente discriminatorio para aqueles
concellos con menor poboación así á par que avanza na privatización e o copago dos
mesmos. Estamos diante dunha volta de torca máis que pretende excluír deste servizo a
moitos veciños do noso Concello por razóns de renda e que avanza no proceso de
desmantelamento do servizo iniciado desde a chegada do PP ao Goberno da Xunta.
Tanto é así que o ano pasado a Xunta destinou para axuda no fogar no Concello
3.206,79 Euros, isto é 6 veces menos que en 2010 onde a aportación autonómica se
situaba nos 20.000 Euros , e agora infórmanos que a contía para 2012 é 0 Euros. Sen
axuda da Xunta é imposíbel manter o servizo de axuda do fogar en Concellos coma o
noso onde temos unha poboación moi avenlletada é dispersa e onde o custo do servizo é
de 72.000 Euros”.
Estoa afirmou que “ a decisión da Xunta de Galiza vai significar preto de 60 veciños do
noso Concello corran o risco de quedar sen prestación así como a perda do seu
traballo para nove persoas que actualmente prestan o seu servizo na axuda
domiciliaria neste Concello. Estamos diante do o maior golpe ao sistema de benestar
dos Concellos galegos, particularmente da Galiza rural, na medida que pon en risco o
mantemento dun servizo central para cohesión interxeneracional, para combater o
despoboamento rural, para combater os desequilibrios territoriais e de xeito fulcral
para atención dos nosos maiores atendendo a parámetros de eficiencia e satisfación no
usuario”.
“O PP xa non pode enganar a ninguén con esta medida” afirmou Estoa “posto que a
mesma non fai outra cousa que contribuír as desigualdades sociais, na medida que
atendendo a literalidade da norma a axuda no fogar ten que cargar unha parte no
usuario, destruír emprego, estamos falando de 5 persoas en Riotorto e 2000 persoas no
conxunto de Lugo, e afondar nos desequilibrios territoriais, posto que ao fixar servizos
básicos en función do número de habitantes o que se fai e afondar no despoboamento
rural. Agardamos iso si que o PP de Riotorto nos diga con que está, ou coa Xunta ou
cos veciños deste Concello, e nese sentido agardamos que se posicione con rotundidade
contra esta decisión”.
Xa por último o Alcalde de Riotorto denunciou que “os recortes non fican aquí senón
que van chegar a aquelas persoas que reciben o servizo de axuda de fogar de
dependentes, posto que o Estado reduciu a contía desa partida para Galiza en 36
millóns de Euros. Agora ben a prioridade do Goberno de Riotorto segue a ser a mesma
en materia de axuda no fogar e imos seguir traballando para garantir a
universalización do servizo de axuda no fogar e a súa gratuidade, posto que no caso de
que nos viramos obrigados a cobrar seguindo as taxas da Xunta os nosos veciños non
poderían acceder ao mesmo. A nosa prioridade seguen a ser as persoas,
particularmente aquelas que máis o precisan, pero isto non quita que esteamos
dispostos a tolerar que a Xunta deixa abandonados aos veciños de Riotorto,
simplemente por vivir nun Concello que non chega aos 20.000 habitantes”.
O nacionalista anunciou tamén que solicitará o mesmo luns unha xuntanza coa delegada
da Xunta en Lugo e coa Conselleira de Benestar para tratar este tema á vez que
demandou ” un posición rotunda e unánime do conxunto do municipalismo galego, a
empezar pola FEGAMP, que non pode permanecer calado cando se está a acometer
este atentando aos dereitos da práctica totalidade dos Concellos Galegos, pero tamén
das forzas sociais, sindicais e políticas. Aquí estámonos xogando o benestar dos
maiores do rural pero tamén moitísimo postos de traballo. Só en Lugo hai máis persoas
ocupadas neste servizo que traballadores empregados na factoría de Alcoa e nas súas
empresas auxiliares ”.
Remitido





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



