Representantes do BNG de Burela informaron aos veciños sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal e as consecuencias urbanísticas para a vila. O público asistente seguiu con moito interese o acto, facendo numerosas preguntas sobre o significado dos tipos de ordenación, indicando incoherencias observadas e efectos negativos e inxustos en certos lugares.
