Os nacionalistas solicitan ao Concello que garantan o funcionamento do centro despois do 30 de Xuño.
O BNG pregunta ao Alcalde se é certo que “Mensaxeiros pola Paz” abandona o Asilo de Foz 30 de Xuño.
Foz, 21 de abril de 2012.- O Bloque Nacionalista Galego diante dos insistentes rumores existentes entre os veciños e veciñas do Concello de Foz sobre a marcha do Concello da ONG que xestiona o Asilo de Foz o 30 de Xuño e sobre a posibilidade de que o centro poida pechar nesas mesmas datas solicita do Alcalde de Foz, na súa condición de representante da Corporación no Padroado, que explique publicamente a certeza destes supostos.
Segundo indicou Xoán Carlos G. Basanta, Portavoz Municipal do BNG, “a día de hoxe son moitas as persoas que se teñen dirixido a nos para manifestarnos a súa preocupación sobre a situación que se pode crear no Asilo de Foz no caso de que “Mensaxeiros pola Paz” abandona a xestión do centro o 30 de Xuño e tamén sobre as intencións que poidan existir no Padroado de cara a manter a actividade no mesmo como centro residencial para maiores. O Alcalde que representa a Corporación no Padroado ten que explicarlle aos veciños de Foz primeiramente se é certo que “Mensaxeiros pola Paz” ten previsto abandonar a xestión do asilo de Foz o 30 de Xuño e en segundo lugar no caso de que o anterior sexa certo que alternativas ten previstas o Concello para garantir que esta dotación siga a funcionar”.
“Foz non pode permitirse o luxo de non contar cun centro residencial de maiores” manifestou Basanta quen lamentou “a falla de compromiso do Goberno da Xunta para continuar adiante co centro residencial que no seu momento tiña aprobado a Vicepresidencia da Xunta en mans do BNG e que apoiaba o conxunto da corporación. Agora ben, sen renunciar a esa dotación e até non contar con esa nova infraestrutura é necesario garantir que o asilo de Foz siga a funcionar xa que a dia de hoxe atende a 38 usuarios, que no caso de fechar pasarían a unha situación incerta, e que ademáis da traballo a 12 persoas, e que por conseguinte provocaría tamén un problema na orde laboral. En definitiva queremos un compromiso firme por parte da Alcaldía de que o centro vai seguir funcionando e tamén demandamos do Goberno Local un compromiso claro, neste caso orzamentario co centro”.
O Portavoz nacionalista recalcou que “a Alcaldía debe aclarar tamén se por parte do Concello se están a cumprir os compromisos orzamentarios que existían co Padroado e se desde o Goberno Local se atenderon as peticións de axuda económica que se lle teñen feito por parte do mesmo. Non nos interesa coñecer as contas do centro, pero sería bo que desde a Alcaldía se explicase aos veciños se é certa a situación de penuria económica que atravesa o centro e que tería mesmo provocado que algúns provedores deixaran de servir ao Padroado e que mesmamente o Padroado se vise privado de facer fronte a gastos que son básicos para manter a calidade de vida dos residentes ou que mesmamente se adebeden nóminas aos traballadores do centro”.
Os nacionalistas insistiron “ na necesidade de aclarar se o centro vai continuar a súa actividade no caso de que a ONG que a rexente o abandone o 30 de Xuño e de que a Alcaldía garanta o seu funcionamento, tanto con achegas por parte do Concello, tanto xestionando fondos diante doutras administracións como pode ser a Xunta de Galiza ou a Deputación. Un alcalde non pode vivir na oposición senón dando solucións aos problemas dos seus veciños, e é precisamente aquí onde se ve, a súa capitación para o cargo” .
Remitido




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



