O Club Atletismo Ribadeo ven de afrontar unha fin de semana cargada de eventos deportivos.
Por unha banda un nutrido grupo de atletas desprazouse a capital da provincia para participar na 6ª proba do XII Circuíto de carreiras populares Corre con Nós, disputada no centro comercial As Termas.
Circuíto no que de xeito especial as atletas Noemí Moral, Allison Mena, Andreia de Paula, Irene Pacheco e Ana Ferradas seguen conservando serias opcións de subir o podio final. Tamén formaron parte deste grupo os atletas mais novos integrantes das Escolas Municipais de Atletismo, que veñen participando neste Circuíto de forma asidua.
Por outra banda, outro grupo de atletas integrado por Julio Cesar Antolín, Ana Ferradas, Jose Carlos Díaz, Fedra Alvarez-Vijande e José Lopez achegouse a cidade da Coruña onde se disputaban as probas, 10 km. popular Coruña e o I Maratón A Coruña 42, esta última Campionato Galego da especialidade.
Como xa nos ten acostumados, Ana Ferradas subiu unha vez mais o podio, neste caso clasificándose 3ª na súa categoría no Campionato Galego de Maratón.
Queremos aproveitar para felicitar ós atletas do club atletismo Ribadeo pola súa boa participación, e de xeito moi especial o atleta ribadense Noel Fernández Marcos, enrolado nas filas do Club coruñés Marineda Atlético, que esta fin de semana tamén, ven de ganar o Maratón Big D. Texas.
O atleta ribadense, desprazado os Estados Unidos por motivos laborais, disputou unha brillantísima carreira, pasando xa en primeiro lugar polo medio maratón e avantaxando o segundo clasificado en 9 minutos e 20 segundos, vantaxe que se incrementaría na segunda metade da carreira, para acadar a meta en solitario cun tempo final de 2 h. 38 minutos 26 segundos que é novo mellor rexistro da proba.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
