O DOMINGO 15 DE ABRIL, O COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO ENTREGARÁ OS PREMIOS DO II CERTAME FOTOGRÁFICO ENFOCANDO BARREIROS
O acto de entrega de galardóns e proxección das obras participantes terá lugar ás 19:00h. no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros.
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros recibiu un total de 203 obras para a participación no II Certame Fotográfico Enfocando Barreiros:Os ríos no obxectivo. As fotografías gañadoras serán dadas a coñecer o vindeiro 15 de Abril, nun acto público no cal se proxectarán tamén todas as obras participantes no concurso. O fallo do mesmo foi levado a cabo por un xurado de profesionais da fotografía de recoñecido prestixio, composto por Pepa Losada, José María Álvez, José María Pérez Rielo, Xosé Reigosa e Xulio Villarino.
Os premios dos que se fará entrega serán, para a modalidade adulta, un primeiro premio, consistente en 250€, e un segundo de150€; e para a modalidade infantil, unha cámara fotográfica.
O elevado éxito desta actividade, así como a boa acollida dos roteiros fotográficos arredor dos ríos Masma e do Santo Estevo participando deles en torno a 60 persoas, fan que sexan iniciativas a manter no resto dos calendarios de actividades do Colectivo Cultural Ollomao.
Remitido