EXPOSICIÓN MISIONEIRA RAÍCES
O colexio Martínez Otero de Foz organiza, en colaboración co Concello de Foz e o CENIMA, a exposición Misioneira Raíces.
Trátase dunha exposición itinerante que percorre, a través da mostra de obxectos das máis variadas culturas e procedencias, máis de 135 anos de experiencia misioneira salesiana nos cinco continentes.
A exposición estará aberta a tódolos centros educativos que desexen visitala e ao público en xeral, no CENIMA de Foz desde o dia 19 de abril ata o 24, ámbolos dous inclusive, no horario habitual de apertura ao público do centro de interpretación comarcal.
DE LUNS A VENRES DE 10 a 14 h. e de 17 a 20 h (Agás luns)
SÁBADO:- de 11,30 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Os grupos que desexen visitala deberán concertar a súa visita co CENIMA. Para concertar a visita teñen que dirixirse ó seguinte número de tfno. 982-132426 ou á dirección de mail cenima@concellodefoz.es.
O HORARIO de visita é o seguinte:
– De luns a venres:
Mañá: de 10 a 14 h.
Tarde: de 17 a 20 h. (excepto luns)
– Sábados:
Mañá: de 11,30 a 14 h.
Tarde: de 17 a 20 h.
Remitido