O coro do IES de Foz actuará o vindeiro mércores 18 ás 20:15 na Igrexa Parroquial de Adelán, en Alfoz. Este coro que comenzou a súa andaina a primeiros deste curso está formado por uns corenta alumnos/as de todas as idades e cursos. Durante a actuación deleitarán ao público cun repertorio orixinal que prefiren non desvelar para causar máis expectación. No coro, que dirixe Fernando Alén, profesor de música, tamén participan Juan Santaeufemia, profesor de Física e Química ao piano e Begoña Suarez, profesora de Relixión, como voz.
O coro do IES de Foz actuará en Adelán-Alfoz