VI FEIRA DA ARTESANIA DO FERRO – RIOTORTO ‘12
O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 10 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Fonsagrada, Pontevedra, Santiago e Taramundi. As demostracións en vivo deixarán paso aos obradoiros de olería, talla de madeira e carbón vexetal, así como espectáculos de animación ofrecidos por Pepe Penabade co persoaxe Buqueiras e O Cego e Lazarillo a cargo da compañía A Boneca Lareta. A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán tamén uns setenta expositores de diferentes especialidades e que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro, madeira, fimo, mármol,… (cerca de corenta se ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao recinto feiral.
A charanga Aires do Padornelo de Mondoñedo ofrecerá sendos pasarúas pola mañá e pola tarde amenizando aos visitantes, en tanto que a BANDA DE MÚSICA SANTO INOCENCIO DE TEIXEIRA (BURELA) poñerá o punto e final a esta xornada cunha actuación ás 8 da tarde na praza do Concello.
VI FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
DOMINGO 15 DE ABRIL
11,00 h. APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos ferreiros en Riotorto, Obradoiro de Ferro Infantil, Exposición Artesáns, Obradoiros de Alfarería, Torneado de madeira e Carbón vexetal
11,15 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA AIRES DO PADORNELO (Mondoñedo)
Obradoiro de Alfarería a cargo de Os de Laura (Buño)
Obradoiro de Torneado de madeira a cargo de Julio Iglesias (Ortigueira)
Obradoiro de Carbón vexetal a cargo do carboeiro “Diego da Pasada” (ata as 17,00 horas)
12,00 h. Acto de inauguración Oficial da VI Feira da Artesanía do Ferro
Actuación musical dos Gaiteiros de Riotorto e do Coro Parroquial
12,30 h. Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (artesanía de forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela).
Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo O CEGO E O LAZARILLO
13,00 h. Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
13,30 h. Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo BUQUEIRAS
17,00 h. Pasarrúas a cargo da CHARANGA AIRES DO PADORNELO (Mondoñedo)
Demostración en Vivo da Artesanía do Ferro: Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada, Enforjarte (artesanía de forxa artística de Pontevedra) e Alberto Leis (Ferreiro de Santiago de Compostela).
Obradoiro de Ferro Infantil, a cargo do Ferreiro austriaco Friedrich Bramteidl
Animación de Rúa a cargo da compañía A Boneca Lareta co espectáculo O CEGO E O LAZARILLO
18,00 h. Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo BUQUEIRAS
20,00 h. Actuación musical a cargo da BANDA SANTO INOCENCIO DE TEIXEIRA – BURELA
Durante toda a xornada:
Obradoiros de ALFARERIA – TORNEADO DE MADEIRA – CARBÓN VEXETAL
Carpa con degustación de Polbo e Comida




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



