O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O LUNS UN ACTO PÚBLICO DE INFORMACIÓN SOBRE O PXOM. O ALCALDE CONVIDA A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS A ACUDIR PARA ACLARAR AS DÚBIDAS QUE POIDAN TER.
Ribadeo, 20 de abril de 2012. O auditorio municipal Hernán Naval será escenario o vindeiro luns, 23 de abril, a partires das 20 horas dun acto público sobre a segunda exposición do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo e no que falarán o equipo técnico redactor do PXOM e técnicos municipais.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “se organizou este acto continuando con este ánimo que mantemos toda a Corporación Municipal de cara a informar convenientemente canto máis poidamos facer sobre a exposición do PXOM de Ribadeo. A parte das citas que se están dando a diario para que os veciños veñan consultar todo o que desexan saber aquí na oficina de turismo vella para este luns ás 20 horas temos previsto este acto público no auditorio municipal Hernán Naval”.
O rexedor explicou que “nise acto os responsables de Eptisa, a empresa redactora do PXOM, estarán aquí a disposición dos veciños para aclararlles todas cantas dúbidas se lles poidan preguntar. Tamén estarán os técnicos municipais. Isto é algo que xa se fixo hai catro anos, pero queremos seguir informando para que a xente poida ver qué foi cambiando no PXOM, os informes sectoriais que houbo que incorporar, o que foron as directrices de ordenación do territorio, o plan de ordenación do litoral, en definitiva a modificación da lei do solo de Galicia e unha serie cambios normativos que foi preciso incorporar con todo este ánimo de sacar para adiante dunha vez por todas o plan xeral”.
Suárez Barcia convida “a todos os veciños e veciñas de Ribadeo a que, si o desexan, o luns acudan a este acto público no auditorio Hernán Naval, que facemos desde a Corporación Municipal”.





















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



