O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE NEVES CANDO NON SE ENTEROU DO QUE SE FACÍA CO PXOM DURANTE O BIPARTITO. OS POPULARES LEMBRAN QUE FOI O GOBERNO DE ZAPATERO QUEN DEFINIU O TRAZADO DO CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO E AFIRMAN QUE O CATÁLOGO DE PATRIMONIO EXISTENTE NO CONCELLO DATA DA PRIMAVERA DE 2009.
Burela, a 20 de abril de 2012. O equipo de goberno no Concello de Burela manifestou hoxe que “as críticas formuladas por Neves Cando ao Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) burelés son infundadas porque demostran que esta señora non se enterou absolutamente de nada sobre o que se facía co PXOM durante o tempo que ela estivo no bipartito”. Desde o Grupo Municipal Popular (GMP) subliñan que o bipartito ocultou información.
Os populares lembraron que o documento aprobado inicialmente é básicamente o mesmo que deixou feito o bipartito de socialistas e nacionalistas, “nós incrementamos o solo dotacional, propuxemos unha rebaixa da afectación da actual variante, temos a obriga de introducir o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao porque así o di un informe de Fomento de outubro de 2010, incluímos a construción dunha nova EDAR, introducimos un entronque ao acceso ao porto, propoñemos unha fachada marítima na zona de Castrelo e Suafonte e outras cousas, pero polo demais prácticamente todo xa estaba contemplado no documento que eles deixaron feito”.
“Resulta lamentable que esta persoa diga o que di, porque é recoñecer a súa ignorancia no asunto durante catro anos e cabe preguntarse a qué se dedicaba cando estaba no Concello”, afirman desde o equipo de goberno.
No que se refire ao corredor Barreiros-San Cibrao, “Cando debería saber que o seu socio de goberno tiña gardado un informe de Fomento de outubro de 2010 que obriga taxativamente a incluír o corredor no plan. Se o descoñece, pode vir polo Concello e pedilo, e así pode poñerse colorada”.
Ademais, segundo o GMP, “co POL pódense recuperar zonas nas que coa Lei dos 500 metros que PSOE e BNG apoiaban estaría absolutamente prohibido construír. E por outra banda, lembrarlle á Sra. Cando que o catálogo de vivendas a conservar remitido por Patrimonio ten data de maio de 2009; é máis, o documento do PXOM que o bipartito burelés enviou a informe previo xa incluía esta catalogación de vivendas, o que demostra que esta muller non se enterou absolutamente de nada, ou ao mellor é que nunca tivo ningún interese en enterarse. E o que é peor, estaban tapando información os cidadáns”.
No que se refire aos polígonos, os populares afirman que “os polígonos que están no documento aprobado inicialmente son os mesmos que aparecían no enviado polo bipartito para informe previo da Xunta, e os mecanismos para o seu desenvolvemento son idénticos entre un documento e outro, por certo, prácticamente iguais ao sistema empregado en Torrentes. Por certo, a xeneración de polígonos é un acto regrado no que non caben arbitrariedades. Polo tanto, tamén estiveron ocultando información aos veciños, co que debería estar calada”.
Para o GMP, a mellor demostración de transparencia estase dando a través da exposición pública, “todo o mundo ten dereito a coñecer a súa propia situación, para así poder alegar se o considera oportuno, co ánimo de corrixir erros, ou plantexar melloras. ¿Qué se diría se no Plan Xeral se ocultasen, por exemplo, as directrices de Patrimonio? ¿Por qué o bipartito non informou do documento que enviou a informe previo?”.
Os populares, que recoñecen o dereito de Cando a alegar e a opinar, pídenlle “coherencia e seriedade. Acostumbra sempre a facer o mesmo, sementar dúbidas e dicir as cousas a medias para que a xente dubide. Neste caso, debería actuar con absoluto rigor, se é que participou na elaboración do plan, que á vista do que di está claro que non participou”.
Remitido





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



