O Observatorio da Mariña pola Igualdade demanda máis políticas de prevención e de mellora na atención directa ás vítimas de violencia machista
Os efectos da crise son demoledores para a sociedade en xeral pero nela as mulleres son dobremente agredidas, como cidadás e como mulleres. Mais cabe salientar e enfatizar que esta crise non é só unha crise económica, senón de valores. As medidas que os sistema actual está impoñendo non veñen máis que a favorecer a uns poucos e a prexudicar aínda máis á grande parte da poboación. Máis medidas deste tipo conlevan máis recesión, máis pobreza e maior feminización desa pobreza.
En consonancia con isto, o Observatorio da Mariña pola Igualdade alerta da redución nos orzamentos do Estado para o 2012 nas políticas dirixidas a paliar á violencia de xénero. O presuposto global da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero é de 23.905.000 euros, un 21% (6.457.180 de euros )menos que en 2011. Un 71% redúcese o presuposto destinado ás campañas publicitarias de sensibilización e contra a violencia machista, xa que se considera que o gasto publicitario non é prioritario. Afirman, desde o goberno, que se adicarían a reutilizar campañas xa existentes nas que a mensaxe siga de actualidade centrándose en soportes máis económicos como as redes sociais e internet.
Isto amosa unha clara falla de coñecemento da realidade. Primeiro, o deseño dunha campaña de publicidade faise en base a uns obxectivos definidos e un contexto determinado. Nun momento cambiante como no que estamos, cuestionamos que se poidan reciclar e reutilizar á lixeira as campañas. Unha gran maioría social non está nas redes sociais nin usa internet, e aínda hai moitas casas nas que non hai internet. A alfabetización dixital non é universal nin pública (e seguramente sexa ao primeiro que teñan que renunciar moitas familias nos vindeiros meses por mor da crise).
Vanse manter tres servizos: o servizo telefónico do 016, as pulseiras GPS para os agresores e o servizo teléfono de emerxencias con localizador da chamada e servizo as 24 horas (Atenpro). Nos presupostos deste ano non se contempla unha partida específica para o programa de reeducación de maltratadores, que supuña un millón de euros.
Ademais, hai que dicir que se evidencia unha total falta de sensibilidade coa problemática da violencia de xénero. Se ben os recortes existen en todas as áreas, o recorte orzamentario cébase coa igualdade e coa loita contra a violencia de xénero. Sofren estes un recorte de fondos superior ao que padece o presuposto total do ministerio do que dependen, Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Este Departamento ten para este ano un 13,75 menos ( 2309 millóns de euros) A isto hai que engadirlle, xa que estamos ante un problema multidimensional e de carácter transversal, os recortes das áreas de educación e de Sanidade. De educación, porque a única prevención da violencia a longo prazo é a través da educación en igualdade. E na sanidade vai afectar na atención ás mulleres, no tempo para a detección da violencia, etc.
Estase a incumprir a lexislación vixente e isto está repercutindo en cuestións tan básicas como na atención ás propias vítimas de violencia de xénero. Esta semana morría en Madrid unha muller asasinada polo seu marido. Esta muller dera sinais do que estaba a acontecer. Fixera chamadas ao 016, os veciños avisaron á policía ante unha discusión de gravidade a horas intempestivas, e estes persoáronse alí e saltáronse o “abc básico”. Non se pode entrevistar á vítima e ao agresor xuntos. Os servizos de atención ás vítimas teñen que respostar ante calquera indicio.
Por todo isto, desde o Observatorio entendemos que é precisa unha delimitación de prioridades de gasto adaptadas á realidade social e en beneficio da maioría social:
– Máis inversión en campañas de sensibilización social. A cidadanía aínda non sabe ben que é a violencia de xénero, nin cómo parala ou qué recursos teñen as e os familiares, veciños/as e a propia vítima.
– Por outra parte, criticamos a falta de coordinación e de funcionamento dos diversos axentes (persoal das FCSE, da Xudicatura, da Avogacía, sanitario, dos Servizos Sociais) que interveñen na atención ás vítimas de violencia de xénero. Cónstanos a desinformación e trato humillante e revictimizador que sofren en moitas ocasións as mulleres que padecen violencia de xénero cando contan o que lles pasa, cando deciden dar o paso para denunciar. As veces, até que chega o último momento, até que as consecuencias se voltan irreparables como é a morte desa muller as súas testemuñas non resultan cribles. O asasinato desa muller en Madrid debe levar ao goberno do Estado a reprantexarse os orzamentos. As e os profesionais precisan formarse, ter a súa disposición recursos para ofertar ás mulleres. Son os gobernos estatais e autonómicos os que deben promover políticas activas de formación en violencia de xénero.
– Demandamos máis prevención e unha mellora na atención ás vítimas de violencia de xénero. A violencia machista asasinou xa a 15 mulleres en 4 meses do 2012.
Remitido
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



