Os votos do Partido Popular, con maioría absoluta na Cámara galega, foron necesarios, decisivos e imprecindibles para que a moción saíra adiante
BALSEIRO LEMBRA AO PSOE DE CERVO QUE O ACORDO PARLAMENTARIO SOBRE ALCOA APROBADO O MARTES INCORPORA NA SÚA INTEGRIDADE A EMENDA DO PP
Os socialistas deberan deixarse de partidismo inútiles e sumarse á reivindicación para acadar tarifas máis competitivas para Alcoa, por exemplo votando a favor da moción municipal que rexistará o PP no pleno.
O PSOE de Cervo está molesto porque o PP pon de relevo a súa falta de iniciativa e demostra que os socialistas sempre van a romolque en todos os asuntos de importancia para Cervo e a comarca.
Cervo, 13 de abril de 2012.- O deputado do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro lembrou ao PSOE de Cervo que o acordo acadado o pasado martes no Pleno do Parlamento de Galicia sobre a revisión á baixa da factura eléctrica que paga Alcoa incorpora na súa integridade a emenda que rexistaron os populares galegos e da que o propio deputado popular foi autor.
Balseiro lembra que foron precisamente os votos do Partido Popular de Galicia -con maioría absoluta na Cámara galega- os decisivos para a aprobación da moción e que o texto final resultou do consenso das tres forzas políticas.
Segundo Balseiro no PSOE local deberían deixarse de partidismos absurdos e inútiles e sumarse á reivindicación para acadar tarifas máis competitivas para Alcoa e sinalou que terán oportunidade de facelo aprobando a moción do PP que se debaterá en vindeiros plenos municipais.
O deputado popualr considera que no PSOE de Cervo están molestos porque o PP pón de relevo a falta de iniciativa dos socialistas e que nesta formación política da oposición sempre van a remolque en todos os asuntos que interesan á Cervo e ao conxunto da comarca.
Remitido




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



