O alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente Parga, participa en Madrid nunha xuntanza da Comisión de Mancomunidades deste país. No encontro abórdanse cuestións coma o calendario de traballo previsto para este 2012, a formación continua, a radiografía actual das Mancomunidades en España, a posible financiación das Mancomunidades a través do PIE e rogos e preguntas.