“SANEAR As CONTAS DE ACISA E INCREMENTAR O NÚMERO DE SOCIOS”, SON PARA FRANCISCO IRIARTE Os LOGROS MÁIS IMPORTANTES DA súa ETAPA COMO PRESIDENTE DO COLECTIVO. O seu SUCESOR, ROBERTO RIVAS, DI QUE AFRONTA ESTA ANDAINA CON TRANQUILIDADE E CON MOITAS GANAS.
Ribadeo, 10 de abril de 2012. O presidente saínte de ACISA, Francisco Iriarte, fai un balance moi positivo dos dous anos que estivo á fronte deste colectivo. E asegura que os logros máis importantes foron sanear as contas da asociación e incrementar o número de socios. Pola súa banda o presidente entrante, Roberto Rivas, di que afronta con tranquilidade esta nova andaina e que con traballo e ideas poderanse suplir os pequenos problemas que poidan xurdir.
O presidente saínte, Francisco Iriarte, fixo esta mañá un balance moi positivo dos dous anos que estivo á fronte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Iriarte dixo que ?persoalmente o balance é moi positivo. Podo entender que haberá asociados que non estivesen de acordo comigo, pero nós desde a directiva de ACISA temos claro que dito balance é positivo?.
Para Iriarte ?o traballo de despacho é moi importante aínda que non se ve. A parte das reunións da xunta directiva houbo que viaxar a manter encontros coa Xunta e coa Deputación, ademais dos realizados co Concello de Ribadeo. Tivemos que desprazarnos en numerosas ocasións a Lugo e a Santiago e hai que ter en conta que os directivos de ACISA temos os nosos negocios e que houbo que sacar tempo de onde non o había?. O presidente saínte quere dar as grazas ?tanto ao Concello de Ribadeo como á Xunta e á Deputación de Lugo, porque sempre nos apoiaron, unhas veces máis e outras menos. Non nos deron sempre todo o que pedimos, pero conseguimos moitas cousas e eu creo que explicándolles o que é ACISA, neste momento o sector máis importante que hai en Ribadeo, somos en número de socios os oitavos de Galicia, e vendo que pasabamos de 200 socios o apoio foi bastante importante?.
Francisco Iriarte destacou que o logro máis importante que incrementar o número de socios, “que a xente fiásese de nós nestes tempos que corren é de agradecer. Pasamos de 140 a máis de 200 socios nos dous últimos anos. Iso quere dicir que se fiaban de nós, que vían que nos molestabamos, que intentabamos facer o traballo o mellor posible. Tiñamos unhas débedas importantes, ás que fixemos fronte o primeiro ano, puxemos as contas a cero e despois no último organizamos actividades, pero tamén quixemos aforrar un pouco de diñeiro porque non sabiamos como vai ser este 2012. Aumentar o número de socios e deixar unha asociación saneada para min é un logro moi importante”.
Iriarte considera que “a partir deste momento o que nos queda é promocionar máis o comercio tradicional de Ribadeo e a potente hostalería que temos. Agora xa non podemos pensar noutra cousa. Creo que podemos facelo. Eu non podo seguir como presidente por motivos persoais, pero estou aí na nova directiva o que está claro é que traballarei todo o que poida”. E engade que “a liña a seguir con Roberto Rivas de presidente cambiará pouco. Agora poderemos facer cousas máis importantes, temos diñeiro e máis posibilidades das que tiñamos antes. Haberá cambios porque hai actuacións que realizamos que non deron resultado, pero haberá que reformalas e programar outras novas. Nós sempre estamos abertos ao que nos digan os socios e sempre botamos unha man en todo o que podemos”.
Pola súa banda o presidente entrante, Roberto Rivas, dixo “teño moitas ganas de traballar e estou con moita tranquilidade polo equipo que temos detrás. Todos imos traballar xuntos. Sen moito nervosismo porque sei que todos temos moitas ganas de facer moitas cousas. Consideramos que ou traballo que se está a facer saiu ben en liñas xerais, entón pensamos que ou mellor será seguir nesa liña, melloraremos ou que se poida mellorar e levaremos adiante novos proxectos”.
Sobre o apoio das diferentes administracións a ACISA Rivas Tomei sinalou que “é complicado nestes momentos que vivimos, pero con traballo e esforzo súplense eses pequenos problemas que poidan xurdir. As administracións están colaborando connosco, pero cada vez hai máis recortes e supoño que con traballo e con ideas poderemos ir saíndo cara adiante”. O novo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo espera seguir incrementado o número de socios, 2a unión fai a forza e cantos máis sexamos mellor”.