Ducias de persoas, nenos e adultos, disfrutaron o sábado no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros de O señor da dunas, unha actividade incluída no programa de dinamización lingüística da Xunta falaREDES, que ten como obxectivo promover o uso do idioma galego. Os asistentes escoitaron con interese cinco historias populares galegas e recibiron como agasallo un libro.
