A XUNTA lembra QUE O VINDEIRO XOVES 19 DE ABRIL REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE REGULACIÓN DE NAVES E VIVENDAS SEN LICENZA QUE FORAN CONSTRUÍDAS ANTES DO ANO 2003
Esta solicitude está enmarcada na Disposición Transitoria Terceira da Lei 2/2010, que se centra na situación urbanística das edificacións realizadas sen licenza ou sen autorización autonómica, existentes con anterioridade a o 1 de xaneiro de 2003
Esta disposición inclúe a novidade de que as edificacións que reúnan os requisitos sinalados poderán inscribirse a nome do seu titular para que poidan incorporarse ao seu patrimonio co obxectivo de evitar graves quebrantos económicos
Nestas construcións permítense soamente as obras para a conservación da edificación, así como para o mantemento dunha actividade económica sempre que se acredite unha preexistencia continuada dende a orixe da edificación
Santiago, 17 de abril de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala que o vindeiro xoves, día 19 de abril, remata o prazo de presentación de solicitudes para a regulación de naves e vivendas sen licenza que foron construídas antes do ano 2003.
Esta solicitude está enmarcada na Disposición Transitoria Terceira da Lei 2/2010, que se centra na situación urbanística das edificacións realizadas sen licenza ou sen autorización autonómica, existentes con anterioridade a o 1 de xaneiro de 2003 (data da entrada en vigor da LOUGA).
A novidade que se introduciu na modificación da Lei do Solo, a través da disposición transitoria sinalada, refírese a que as edificacións que reúnan os requisitos sinalados poderán inscribirse ao nome do seu titular para que poidan incorporarse ao seu patrimonio co obxectivo de evitar graves quebrantos económicos, cando se presentase ante o concello correspondente a solicitude de declaración ata o 19 de abril de 2012.
A instrución lembra que o recoñecemento patrimonial non supón en absoluto unha legalización do construído, senón a mera aceptación dunha situación de feito. Nestas construcións permítense soamente as obras necesarias para a conservación da edificación, así como para o mantemento dunha actividade económica sempre que se acredite unha preexistencia continuada dende a orixe da edificación. Polo tanto, existe unha total prohibición de obras de consolidación ou de ampliación.
O recoñecemento municipal habilitará para a tramitación ante a Xunta da solicitude de cualificación ambiental da actividade. A resolución autonómica sinalará os requisitos medioambientais esixidos para o desenvolvemento da actividade avaliada É dicir, a posibilidade de recoñecemento administrativo queda vinculado a efectiva adopción de todas aquelas medidas tendentes á restauración da legalidade ambiental, entre outras:
• Resolución da evacuación de augas residuais e vertido de substancias de refugallo.
• Tratamento de emisión de gases nocivos.
• Adopción de medidas tendentes a minimizar o impacto medioambiental e paisaxístico.
• Illamento acústico.
Conforme ao previsto no trámite ambiental, será o concello o encargado de efectuar a comprobación do cumprimento das esixencias sinaladas na resolución autonómica de cualificación ambiental.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



