Os 20 bares e restaurantes participantes na XIX Festa do Mexillón prepararán 1.500 quilos do molusco
-Os establecementos elaborarán cartas nas que reinará o bivalvo, xa sexa en forma de racións ou pinchos
-Unha festa na que o mexillón demostra a súa versatilidade como ingrediente principal en multitude de receitas
Cervo, 5 de abril de 2012-O Concello de Cervo deu a coñecer hoxe máis detalles sobre a XIX Festa do Mexillón que se celebra o próximo sábado en San Ciprián. Os 20 locais hostaleiros participantes teñen previsto cociñar 1.500 quilos do molusco en base a receitas moi variadas, como ao vapor, en empanada, en dúas salsas, en salpicón ou á vinagreta, así como outras modalidades máis innovadoras. Os bares e restaurantes elaborarán unha carta coas especialidades de mexillón que ofrecerán, tanto en forma de racións como en pinchos.
Unha festa gastronómica cunha ampla tradición na vila, que chega á súa edición número 19 e cuxo éxito radica “en la implicación del sector hostelero, que apuesta por una oferta alternativa de ocio durante la Semana Santa”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso, que tamén destacou o acerto de celebrar unha festa centrada en “exaltar un produto tan típico de la Mariña y de toda Galicia, que cuenta con una gran aceptación culinaria en la comunidad y unas inmensas posibilidades”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. Unha versatilidade que poderán comprobar cervenses, turistas e visitantes nesta cita.
Ademais a edil defendeu a capacidade de dinamización turística da Festa do Mexillón, da que se benefician non só os establecementos hostaleiros participantes, senón tamén “el sector turístico en general” explica Alonso xa que “el visitante se acerca atraído por uno de los productos del mar más destacados de nuestra gastronomía y se queda a conocer mejor la localidad de San Ciprián o incluso otros puntos del municipio o de la Mariña” remata a edil de Turismo.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



