Jose Manuel Balseiro participa no Senado na inauguración dunha exposición sobre as orixes do Parlamento de Galicia
O mariñán Jose Manuel Balseiro, secretario do Parlamento de Galicia, participou esta mañá no Senado na inauguración dunha exposición sobre as orixes da Cámara lexislativa galega. No acto estivo acompañado de diversas autoridades, entre as que destacan a Ministra de Fomento, Ana Pastor, o Presidente do Senado, Pio García Escudero, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e o portavoz do Grupo Popular na Cámara alta e presidente provincial dos populares lucenses, Xose Manuel Barreiro. Tamén participou (como pode verse na foto) a dona do Presidente do Goberno de España, Elvira Fernández.
A exposición “Aqueles Primeiros Anos (1981-1989)”, organizada polo Parlamento de Galicia no marco do seu 30 aniversario para divulgar as orixes da institución e rendir homenaxe aos seus primeiros protagonistas foi inaugurada este mediodía na Cámara Alta
A mostra, que permanecerá aberta ao público no Palacio do Senado ata o vindeiro 24 de maio, data na que será trasladada á Diputación de Ourense, estivo previamente instalada na sede do Parlamento de Galicia desde o pasado 4 de xullo, e resultou un dos eixos centrais da programación deseñada para conmemorar o 30 aniversario da Cámara, constituída o 19 de decembro de 1981




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



