PLATAFORMA CIDADÁ QUEREMOS GALEGO
Queremos Galego chama a ateigar as rúas de Compostela o vindeiro 17 de maio nunha nova manifestación “en favor da lingua que nos une”
A plataforma cidadá unitaria inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza e da diáspora
“Son, co de hoxe, 117 días sen que a TVG cubra nin un só acto ou información sobre Queremos Galego”, censurou Carlos Callón ante a ausencia da televisión pública na conferencia de imprensa desta mañá
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.- A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, presentou formalmente esta mañá en conferencia de imprensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o galego”.
Tal e como explicou Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma, “sobran os motivos” para mobilizarse e para “ateigar de novo” as rúas e prazas de Santiago de Compostela este vindeiro Día das Letras, precisamente cando se fan tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a “política de desmantelamento da cooficialidade lingüística” e de “caza de bruxas contra o galego” emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.
“Nestes tres anos non se produciu nin un só adianto para o galego”, indicou Callón, e pola contra “o que hai é un goberno da Xunta máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os problemas da xente”.
Para a ampla plataforma unitaria impulsora das máis multitudinarias mobilizacións cidadás en defensa do galego o actual goberno autonómico ultrapasou xa “moitas, demasiadas liñas vermellas”. Unha das máis recentes, recorda a plataforma, é “cuestionar”, mediante a “censura” de textos escolares, “que o galego é a lingua propia de Galiza”. “Hai agresións moi graves que a inmensa maioría da sociedade galega ninn aproba nin está disposta a tolerar”, advertiu Carlos Callón.
A conferencia de imprensa celebrada esta mañá, que serviu para presentar o deseño dos materiais da campaña informativa previa que a plataforma levará de aquí ao 17 de maio por vilas e cidades de toda Galiza e tamén a través das redes sociais, mediante o hashtag #17Mqueremosgalego, valeu tamén para constatar, unha vez máis, a censura informativa que padecen as actividades e iniciativas de Queremos Galego ou da Mesa pola Normalización Lingüística por parte da TVG. Co de hoxe son xa 117 días os que a televisión pública galega leva sen cubrir ningunha das informacións ou comparecencias da plataforma cidadá.
Remitido






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



