Este venres 20 de abril tivo lugar a clausura dunha edición máis do Curso de Benestar Animal organizado polo Concello de Lourenzá e impartido pola Asociacion Agraria Xóvenes Agricultores (ASAJA GALICIA). Este curso, ao que asisitiron unha vintena de participantes tivo unha duración de 30 horas repartidas en 10 días, tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá en horario de 21:00 horas a 00:00 horas. O alumnado, trala superación das probas finais, obtiveron desta maneira os dous certificados esixidos ao abeiro da normativa vixente tanto de Transporte de Animais Vivos coma de Benestar en Granxas e Expoltacións.
O punto e final a este curso poñeráselle o próximo venres, cunha cea organizada polos propios alumnos e alumnas e á que tamén asistirán os docentes do curso e algún representante do Concello.
Debido á gran demanda por parte dos titulares de granxas, transportistas, persoal de matadoiros, cazadores e demais persoal implicado neste sector de toda a comarca o Concello de Lourenzá espera poder volver ofrecer un novo curso deste tipo nas vindeiras datas. A xente interesada en inscribirse neste curso poderá facelo poñéndose en contacto co Concello de Lourenzá e así poder reservar a súa praza, xa que cada curso ten un número limitado destas.
Remitido

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



