AS QUINTAS XORNADAS FORMATIVAS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO LOCAL TERÁN LUGAR OS DÍAS 20 E 21 DE ABRIL NO CINE TEATRO DE RIBADEO. ESTA EDICIÓN LEVA POR TÍTULO VIOLENCIAS SIMBÓLICAS, VIOLENCIAS INVISIBLES.
Ribadeo, 12 de abril de 2012. As quintas xornadas formativas sobre abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local desenvolveránse no Cine Teatro os días 20 e 21 de abril. Este ano abordarán Violencias simbólicas, violencias invisibles. Varios expertos abordarán durante dous días cuestións coma o acoso sexual no ámbito laboral, a desigualdade ou o impacto da violencia da saúde nas mulleres, entre outras. As xornadas foron presentadas este mediodía no Concello de Ribadeo.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “desde o Centro de Información á Muller e desde a comisión interinstitucional de violencia de xénero, onde están implicados todos aqueles profesionais do noso concello que traballan en aspectos relacionados coa prevención da violencia de xénero e na atención ás víctimas, anunciamos a quinta edición das xornadas formativas deste ano. A temática que se abordará será Violencias simbólicas, violencia invisibles e terán lugar no Cine Teatro os días 20 e 21 de abril”.
Os/as interesados/as en participar poden inscribirse ata o vindeiro 19 de abril no CIM de Ribadeo ou chamando ao teléfono 982 120 739. A inscrición é gratuita. Álvarez Lastra dixo que “en calquera edificio administrativo do noso Concello poderán atopar información sobre estas xornadas e tamén nos Concellos limítrofes. As xornadas son totalmente abertas e gratuitas”.
A edil de Igualdade indicou que “a temática que se abordará este ano debe estar aberta a toda a cidadanía en xeral. Convidamos a pais, nais, cidadáns de Ribadeo, técnicos especialistas do Occidente de Asturias e da Mariña de Lugo, a que asistan ao Cine Teatro a estas xornadas e a escoitar aquelas charlas que resulten do seu interés”.
A concelleira nacionalista explicou que “a temática foi escollida para tratar de analizar a violencia que ás veces é difícil de percibir, pero que está promovida día a día, é dicir que no traballo, na utilización da linguaxe, na publicidade, no uso das redes sociais é onde se pon de manifesto, forma parte das nosas vidas e contribúe a afianzar máis esas desigualdades que existen, que esa violencia se perpetúe e que condicione moito as nosas vidas e que resulte moi difícil poder compartir un futuro en igualdade”.
Nas quintas xornadas formativas sobre abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local participarán varios expertos na materia. O día 20 de abril, Francisca Fernández Pol falará sobre o acoso sexual no ámbito laboral e Carlos Lomas García analizará a publicidade, roles e estereotipos e as novas masculinidades. Xa o 21 de abril Goretti Sanmartín Rei falará sobre a utilización da linguaxe sexista, liberdade individual ou discriminación, Ianire Estébanez Castaño centraráse nas redes sociais e os seus usos, Manuel Lopo Lago analizará o impacto da violencia da saúde nas mulleres e Rosa Cobo Bedia falará sobre a desigualdade, unha forma de violencia.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



