A Deputación formará a 900 persoas nos sectores agropecuario e forestal para a creación de novas empresas
– Farao co Plan Integral Agropecuario Forestal, o proxecto de 1 millón de euros de fondos europeos que presentou hoxe o Presidente e que aprobará mañá a Xunta de goberno
– As actuacións gandeiras levaranse á Montaña e zona Centro luguesa coa Granxa Gayoso Castro como referencia, as agrícolas ó Sur con Tor como epicentro e as forestais á Mariña
– Ademais da formación gratuíta e práctica, as adxudicatarias deberán garantir a creación dun mínimo de 15 novas empresas na provincia vinculadas á agricultura e gandeiría ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, avanzou hoxe a posta en marcha dun proxecto que creará novos postos de traballo na provincia co impulso dos sectores agropecuario e forestal. É o denominado Plan Integral Agropecuario Forestal, dotado de 1 millón de euros, procedentes dos fondos europeos, e enmarcado na segunda parte de Lug02, o programa medioambiental cofinanciado nun 70% pola Unión Europea. Gómez Besteiro avanzou que esta iniciativa permitirá que 900 persoas reciban, de xeito gratuíto, formación principalmente práctica para a creación de novas empresas vinculadas á agricultura e gandeiría ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible. “Mentres a Xunta dá a espalda ó medio rural, nós mantemos que nel se atopa a saída á crise. Esta iniciativa complementaria a outras como o Km0, o Centro de Despece de carne de caza ou o Centro de Recría de gando, contribúe a frear o despoboamento e o abandono do rural, rendibilizando a superficie da nosa provincia”, destacou.
O titular provincial explicou que para garantir a xeración do maior número de empregos e oportunidades económicas na provincia, o organismo provincial dividiu as actuacións deste proxecto por sectores e zonas, levándoas a onde principalmente se concentra a actividade e os recursos naturais da provincia, segundo o Plan Estratéxico da Deputación:
– Na zona Norte sitúanse o 30% das empresas luguesas dedicadas ó sector da madeira. Preto do 70% deste territorio é superficie forestal con máis de 92.300 hectáreas. Por este motivo, o organismo provincial leva á Mariña as actuacións de aproveitamento forestal sostible.
– Nos Concellos das Comarcas de Lugo, Terra Chá e A Fonsagrada o número de explotacións gandeiras de carne ou leite oscila entre as 400, nos municipios que menos teñen, e máis de 1.000 explotación, noutros casos. E por elo, que as actuacións de impulso da gandeiría ecolóxica situaranse na Montaña e zona Centro da provincia, convertendo á Granxa Gayoso Castro no centro de referencia.
– Nas Comarcas de Chantada ou Lemos a superficie adicada ó cultivo é de entre o 30% e o 50%. De ahí, que as actuacións de agricultura ecolóxica se centrarán na zona Sur luguesa, convertendo neste caso ó Pazo de Tor no centro de referencia.
Fases de actuación
O mandatario provincial explicou que, localizadas as zonas de incidencia, a institución determinou tres fases de actuación para todos os sectores:
– Sensibilización e captación dos participantes.
– Formación e experiencia práctica: organizaranse un mínimo de 36 cursos formativos, sen custe algún para os participantes e eminentemente prácticos, nos que poderán participar a lo menos 900 persoas. Neste senso, Besteiro puxo como exemplo a formación sobre riscos laborais no sector forestal, tendo en conta que, segundo o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, o índice de sinestralidade no forestal incrementouse no último ano nun 10,12%, mentres que nos restantes sectores produtivos a tendencia foi á baixa. As mesmas fontes aseguran isto se debeu á falta de formación xa que un gran número de desempregados da construción se incorporou ó forestal.
– Saídas ó mercado: rematada a parte formativa e práctica, as adxudicatarias deberán prestar asesoramento ós participantes para a creación de, a lo menos, 15 novas empresas na provincia, é dicir, como mínimo 5 entidades por temática (agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica e aproveitamento forestal sostible).
Prazos
O Presidente adiantou que mañá a Xunta de Goberno aprobará o prego de 1 millón de euros de fondos europeos e o proceso de contratación do Plan Integral Agropecuario Forestal. Isto permitirá que, nos vindeiros días, se publiquen no Boletín Oficial da Provincia as bases deste concurso co fin de que as empresas interesadas coñezan os requisitos e presenten as súas ofertas. A previsión da institución é contratar e arrancar a primeira fase do Plan en xuño.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



