As incongruencias do E.Goberno do PP de Foz.
Fai pouco tempo que o Sr Alcalde anunciou un PLAN DE Limpeza, chamado “ Quero fo, Limpo Foz, Coido Foz….”, e incluso puxo unhas pegatinas para publicitalo.
Fai tamén un días, que o Concello gastou uns 9.000 €, na compra dunha máquina para limpeza.
Todo isto como si fora a dar solución aos problemas de limpeza que ten o noso Pobo.
UNIFOZ, quere dicirlle ao E.Goberno do PP de Foz, que para que un pobo teña limpo, non so é necesario limpar máis, tamén é necesario manchar menos, e para iso é necesario articular normas e despois facela cumprir.
Para que sirve que nos adiquemos a limpar as marquesiñas, si día si e outro tamén, están sucias con pegadas ilegais, ou carteis que se poñen e despois non se sacan…..
UNIFOZ, quere pedirlle a E.Goberno, que cumpra e faga cumprir as normas, empezando por retirar un panel publicitario frete a Casa da Cultura, (dende fai un ano), así como se prohiba a pegada de carteis indiscriminadamente, control de excrementos dos cans…pois seguro que dese xeito, Foz, estará más limpo e haberá menos que limpar…
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela
Remitido




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



