A SÉPTIMA EDICIÓN DO CONCURSO GASTRONÓMICO RIBADEO DE TAPEO CELEBRÁRASE DO 18 AO 27 DE MAIO. OS ESTABLECEMENTOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NESTA CITA PODERÁN INSCRIBIRSE NO CONCELLO ATA O VINDEIRO 16 DE ABRIL, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA MAÑÁ ANA MARTÍNEZ.
Ribadeo, 2 de abril de 2012. A séptima edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo terá lugar do 18 ao 27 de maio, segundo daba a coñecer esta mañá a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Martínez. Os establecementos interesados en participar nesta cita poderán inscribirse ata o vindeiro 16 de abril no Concello. Cada local poderá presentar unha tapa a concurso, que se venderá ao prezo de 1,30 euros. Varios hoteis contarán con ofertas especiais para asistir ao Ribadeo de tapeo.
O concurso está organizado dende o Concello de Ribadeo pola Delegación de Turismo e Desenvolvemento Local e conta co apoio económico da Deputación Provincial de Lugo. A edil nacionalista explicou que “este ano o concurso de tapas celébrase do 18 ao 27 de maio, ambos incluidos, tentando aproveitar a ponte das Letras Galegas e collendo dúas fins de semana”.
Ana Martínez convidou “a todos os bares e mesóns de Ribadeo e das parroquias a inscribirse. O prazo está aberto ata o vindeiro 16 de abril ás 14 horas na oficina da Área de Desenvolvemento Local do Concello ou a través da páxina web www.ribadeo.org”. A concelleira de Turismo dixo que “cada establecemento poderá presentar unha tapa a concurso, buscando sempre a calidade e a orixinalidade que distingue este certame. Este ano o prezo da tapa será de 1,30 euros e como cada ano enviaremos un fotógrafo a cada establecemento participante para poder obter unha imaxe da tapa a concurso e así incorporala ao libriño que se repartirá durante a ruta das tapas entre os asistentes”.
Martínez subliñou que “a cita persegue dinamizar o sector hostaleiro e da restauración, un dos máis potentes do noso concello, aproveitando sempre unha época baixa de público e sempre fora do verán, da semana santa ou do Nadal. O que queremos é traballar co sector buscando esa dinamización comercial da nosa vila, procurando facer de Ribadeo un lugar atractivo para os nosos visitantes. Eses visitantes que son tanto de proximidade, da comarca da Mariña ou do Occidente asturiano, pero abrindo tamén a porta a eses outros lugares que, grazas á mellora das vías de comunicación, se achegan cada día máis a nós. Queremos convidar tamén a participar á xente do Oriente asturiano, de Cantabria, País Vasco, Castela-León, a que se acheguen a disfrutar da nosa gastronomía en miniatura”.
A concelleira de Turismo anunciou que “este ano para promover este achegamento e como novidade, froito dun traballo en rede coas mesas microsectoriais de hostalería, algúns hoteis decidiron colaborar co Ribadeo de tapeo con agasallos gastronómicos de benvida aos seus clientes e prezos especiais durante o concurso no paquete chamado Soños gastronómicos”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



