XUNTA e o centro de iniciativas turísticas na pontenova ASINAN UN CONVENIO PARA ACCIÓNS DE MELLORA DOS ECOSISTEMAS FLUVIAIS
Os tramos de río obxecto deste convenio son os coutos de pesca denominados Vilarmide e Xinzo, no río Eo
Medio Ambiente comprométese a entregar gratuitamente á entidade colaboradora, para a distribución ou venda entre os seus socios, os permisos de pesca no couto citado para cada un dos días hábiles de pesca de cada tempada
A entidade colaboradora encargarase de sinalizar os coutos de pesca, manter en bo estado de uso os accesos ou sendas ou evitar residuos sólidos no couto
O Centro de Iniciativas Turísticas A Pontenova colaborará co servizo provincial cando o mesmo o demande, no guiado de capturas no couto e nos tramos libres
Santiago, 1 de abril de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de asinar un convenio de colaboración coa Sociedade Centro de Iniciativas turísticas A Pontenova para a realización de actividades ou investimentos a favor da riqueza piscícola das augas continentais, así como a mellora dos ecosistemas fluviais.
Dende a Dirección Xeral de Conservación da Natureza indícase que os tramos de río obxecto deste convenio son os coutos de pesca denominados Vilarmide e Xinzo, no río Eo.
A Xunta de Galicia comprométese a entregar gratuitamente á entidade colaboradora, para a distribución ou venda entre os seus socios, os permisos de pesca no couto citado para cada un dos días hábiles de pesca de cada tempada. Reservarase á entidade colaboradora a totalidade dos permisos do couto para tres xornadas de pesca en cada tempada.
A Consellería de Medio Ambiente tamén deberá asesorar á sociedade naqueles aspectos técnicos do presente convenio que o requiran. Antes do inicio de cada traballo de mantemento ou mellora, persoal da consellería efectuará unha inspección previa, asesorará aos responsables das accións e certificará a súa correcta execución.
A entidade colaboradora encargarase de sinalizar os coutos de pesca, manter en bo estado de uso os accesos, sendas e postos de pesca, evitar residuos sólidos no couto. Tamén distribuirá os permisos recibidos entre os socios e facilitarlle a cada socio un documento que o identifique.
O Centro de Iniciativas Turísticas A Pontenova colaborará co servizo provincial cando o mesmo o demande, no guiado de capturas no couto e nos tramos libres. Dende este ente formularanse propostas de xestión do couto disporase dun servizo profesional de vixilancia do espazo





















O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



