Excursión da APA do colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.
O pasa sábado día 26 de maio, a APA do colegio Sagrado Corazón de Ribadeo, celebrou a sua excursión anual.
Nesta ocasión o destino foi Asturias.
A saida foi ás 8 da mañá e a expedición formada por nenos e pais, dirixiuse ó Museo da Minería, sito en El Entrego.
Alí puideron ver unha fermosa réplica dunha mina, ter unha noción do duro traballo dos mineiros e facer un repaso pola historia das ferramentes e materiais empregados neste duro oficio.
Ó medio día, dirixíronse ó Palacio de los niños, na capital Asturiana. Neste gran centro de ocio infantil, procedeuse en primeiro lugar á comida dos nenos, posteriormente, mentres os nenos disfrutaban dos xogos atendidos por monitores, os pais compartiron un par de horas comendo tranquilamente e de tertulia.
Finalmente, pais e nenos participaron nun espectáculo de pompoloxía, o que poñía fin á visita deste magnífico parque.
Volta para a casa e chegada ás 20.30 horas.
Tanto nenos como adultos disfrutaron dunha boa xornada de convivencia.
A APA do colegio Sagrado Corazón de Ribadeo, organiza unha festa de fin de curso para os seus asociados, que se celebrará o día 30 de xuño na área recreativa de Santa Cruz. Contarán con animadores profesionais e haberá xogos populares, nos que participarán pais e nenos, comida campestre e moita diversión.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



