A piscina olímpica de San Ciprián acollerá o Campionato Galego Máster de Natación Open
-Está confirmada a asistencia duns 200 nadadores pertencentes a 15 clubs galegos
-É a primeira vez que unha proba destas características se desenvolve nunha piscina de 50 metros
Cervo, 28 de maio de 2012-Preto de 200 nadadores de 15 clubs de toda Galicia participarán o vindeiro 10 de xuño no Campionato Galego Máster de Natación Open que se desenvolverá na piscina climatizada olímpica de San Ciprián. Esta mañá tivo lugar a presentación desta cita deportiva na Casa do Concello de Cervo, na que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Villares; o edil de Deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera e o presidente do Club Natación PortaMiñá, Fernando Timiraos.
Na competición participarán nadadoras e nadadores federados e pertencentes a un club. En canto á idade dos deportistas, partirá dos 20 anos sen límite de idade máxima. De feito, está confirmada a asistencia de nadadores de máis de 80 anos. As categorías estableceranse en tramos de 5 anos para favorecer a igualdade nas probas. A maior parte dos competidores pertencen a clubs galegos aínda que ao tratarse dun campionato Open, está aberto á participación de nadadores doutros lugares de España e incluso a nivel internacional, polo que non se descarta a asistencia de deportistas de Portugal dada a súa proximidade.
As probas serán de 50-100 e 200 metros e de todos os estilos e modalidades, incluso de relevos. O campionato desenvolverase entre as 11:00 e as 18:00 horas cunha parada para comer.
Cabe destacar que se trata da primeira vez que unha proba destas características se realiza nunha piscina de 50 metros en Galicia e polo tanto, tamén é o primeiro campionato deste tipo que acolle a piscina olímpica de San Ciprián. Na organización deste evento deportivo participa o Concello de Cervo, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Natación, e o Club Natación PortaMiñá de Lugo.
O goberno local valorou moi positivamente que este campionato galego se desenvolva en Cervo, concretamente na piscina de San Ciprián, xa que “é necesario potenciar a utilización e aproveitamento das instalacións deportivas das que dispoñemos para que sexan cada vez máis as persoas e colectivos que gocen da piscina olímpica e se lle dea o maior e mellor uso posible” asegura o alcalde de Cervo.
Ademais, para Villares, acoller un evento destas características supón uns beneficios que van máis alá do deportivo, xa que o campionato tamén “repercutirá positivamente no sector turístico, coa chegada a Cervo de centos de persoas, entre competidores, membros dos clubs e incluso público que se acercará a presenciar este acontecemento da natación galega” remata o mandatario cervense.






















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
