A CIG ENSINO DENUNCIA QUE A XUNTA REDUCE NUN 62,5 % AS AXUDAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA AOS CENTROS DE ENSINO DA MARIÑA
“O retraso na resolución fixo que os centros xa tiveran comprometidos os gastos e que agora non lles cheguen os cartos”
A Mariña, 14 de maio de 2012.- A CIG-Ensino ven de manifestar a súa denuncia pola redución tan drástica nas axudas que a Xunta de Galiza viña prestando aos centros de ensino da Mariña na normalización lingüística do noso idioma. Con respecto ao curso pasado, a redución é dun 62`5 % nas cantidades para sufragar parte dos gastos que os equipos de normalización lingüística dos centros fan en actividades escolares. Se comparamos as cifras coas do curso 2009-10 a redución é dun 75% menos.
Xa a principios deste ano, a CIG denunciara que os centros públicos tivesen que adiantar os gastos destas actividades do curso pasado para poder xustificalas en tempo e forma ao non ter aboado a Xunta, oito meses despois, as cantidades aprobadas. A esta situación hai que sumarlle que até xaneiro de 2012 os centros non tiveron coñecemento de que non se poderían solicitar axudas para actividades realizadas no primeiro trimestre do curso.
Agora, a menos de dous meses do remate do curso, os centros acaban de saber as cantidades exactas que lles outorga a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que ascenden a 8.958 euros en total para os 33 centros de ensino da comarca da Mariña que as solicitaron. Isto quere dicir que a media da achega da Xunta é de 271 euros anual por centro para normalización lingüística, unhas cantidades totalmente insuficientes se queremos chegar a unha normalización progresiva do noso idioma, como ditamina a Lei de Normalización Lingüística. Ademais, pola falta de axilidade da Xunta, os centros xa tiñan comprometidos a maioría dos gastos das actividades realizadas durante o curso co que en moitos casos non chegan os cartos para pagar, tendo que sacalos doutras partidas e alterar a contabilidade dos centros.
Desde a CIG-Ensino queremos reiterar que todos estes atrasos e os recortes nas axudas –como as de normalización, a de comedores, ás de mantemento, bibliotecas, etc- acaban por afogar aos centros e impídenlles realizar cada vez máis actividades, empirorando a calidade educativa. Ao mesmo tempo que a CIG rexeita esta falta de planificación da Consellaría e esta agresión ao noso idioma, a CIG esixe que esta situación non se volva a repetir e que a Xunta aumente as axudas á normalización lingüística dos centros de ensino pois é fundamental para a recuperación social da lingua galega.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



