CEIP SAN MIGUEL DE REINANTE BARREIROS
SEMANA CULTURAL
LUNS
21
MAIO
OFICIOS E TRADICIÓNS
O grupo de transmisores de tradición
oral da Asociación Sociocultural
Santirso del Eo recreará os oficios
tradicionais da zona.
Lugar: Praza do Souto en S. Miguel
Hora: A partir das 10:30 h.
MARTES
22
MAIO
CERTAME DE DEBUXO
Tema: Oficios e tradicións
Participantes: As nenas e nenos
do colexio.
Haberá un premio por cada ciclo.
MÉRCORES
23
MAIO
QUE NOS CONTEN UN CONTO!
Da man da organización Contos Solidarios contaremos coa presenza
de Anxo Moure que a través da maxia e a creatividade achegaranos
á nosa lingua.
Lugar: Colexio de San Miguel de Reinante
Hora: 10:30 h (tres sesións ao longo da mañá).
XOVES
24
MAIO
COÑECENDO RELIDADES. AS MULLERES NO
RURAL. GALICIA E CABOVERDE: DÚAS
CULTURAS, LINGUAS IRMÁS E UNHA SOA MÚSICA
Participarán Elia, Antonina e “O Arco da Vella”.
Lugar: Colexio de San Miguel de Reinante
Hora: 15:00 h
VENRES
25
MAIO
XOGAMOS COS AVÓS
Tarde de convivencia no colexio na
que as avoas e avós
aprenderán aos nenos os
xogos tradicionais.
En homenaxe e agradecemento aos
nosos maiores terá lugar a
actuación da TUNA DECANA DE
VETERANOS DE A CORUÑA
LUGAR: Nos Colexios
Vellos de San Miguel
HORA: 19:30h
ORGANIZA: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO
COLABORA: ANPA DO CEIP SAN MIGUEL DE REINANTE BARREIROS























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



