Antonio Cabana, atleta do C.D.Egovarros-Viveiro proclamouse campión de España de media maratón na categoría de M-70
O pasado sábado día 26, disputouse na localidade asturiana de Cangas de Onís, o Campionato de España de Media Maratón pa atletas veteranos cunha numerosa participación de clubes de toda España.
A proba deu comezo ás 18:30 horas tendo a saída na localidade de Cangas de Onís, subindo ata a hermida da virxe de Covadonga e voltando a Cangas de Onís. A participación do clube viveirense correu a cargo de oito atletas entre os cales destacou de forma moi sobresaínte Antonio Cabana, que se fixo co título de Campión de España na categoría de M-70, facendo un tempo de 01:40:32, en percorrer os 21 km e 97 metros, sacándolle máis de 5 minutos ó segundo clasificado.
Tamén fixeron unha boa carreira as súas compañeiras de equipo Begoña de Arriba que en W-55 acadou a quinta posición e Manuela Guisasola en W-50 fíxose coa sexta praza despois de acudir á proba lixeiramente mermada por unha lesión nun pé.
Tamén acadaron o campeonato de España no apartado de máis de 55 anos, estando formado o equipo polos seguintes atletas: Emilio Toral, Jose Luis Meizoso, Eliseo López e Antonio Cabana.
A seguinte competición na que participarán os atletas do C.D.Egovarros será o vindeiro día 10 de xuño en Lugo no Campionato Galego de Pista ó Aire Libre.





















Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
