As rúas de Compostela ateigáronse con milleiros de persoas para celebrar e defender a lingua galega
Segundo publica o xornal Praza (Praza Pública), nunha información de David Lombao | @davidlombao , milleiros de persoas retornaron ás rúas de Compostela para celebrar e defender a lingua galega. Convocadas pola Plataforma Queremos Galego e dispostas a exercer de parapeto “contra os ataques” ao idioma chegaron de diversos puntos do país para asolagar as rúas do centro da capital, polas que avanzaron contra o vento e mesmo contra máis dun vehículo estacionado en dobre liña de aparcadoiro a escasos metros de axentes da Policía Local. E é que a cuestións de intendencia non foron menores na reivindicación do galego no Día das Letras do 2012. Menos de vinte e catro horas antes do inicio da marcha un xulgado tivo que garantir o seu normal desenvolvemento e a súa conclusión no palco instalado nunha Praza da Quintana que rebordou notablemente ( . . . )
