Onte, martes 22 de maio en horario de 17:00 a 19:00 horas, tivo lugar na OMIX de Xove unha nova actividade da Escola de Familias, a cal esta organizada pola Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Xuventude, Muller e Igualdade do Concello de Xove, que conta coa colaboración da Cruz Roja Española e o Programa Quérote da Xunta de GAlicia.
A ESCOLA DE FAMILIA é unha achega de información que nos axuda na educación de xóvenes e adolescentes. Vai dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar as súas habilidades educativas sexa cal sexa a idade dos fillos.
A actividade realizada onte nunha aula da OMIX foi impartida por persoal técnico do Centro Quérote + da Xunta de Galicia, baixo o título “DROGAS: PREVENCIÓN DE CONSUMOS”.
