Hoxe tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial a sesión constitutiva da Mesa Local de Comercio de Foz.
A ela acudiron os representantes das Asociacións en defensa de consumidores e usuarios, dos comerciantes e empresarios, Xunta de Galicia e representantes do Goberno Local. En concreto asistiron os seguintes:
Alcalde de Foz.
A Asociación de Comerciantes de Foz, HACIA
A Asociación de Mulleres Rurais Afammer,
Asociación de Veciños e Consumidores de Vilaronte,
Representante da Xunta de Galicia
A responsable da OMIC de Foz
A Secretaria do Concello
Nela tomáronse os seguintes acordos:
Constituir a Mesa Local do concello de Foz por primeira vez neste municipio, dando cumplimento ao que establece a Lei de comercio interior de Galicia
Establecer a periodicidade desta Mesa cada seis meses en todo caso, e adicionalmente, en todos os supostos nos que no concello surxan asuntos de interese para os comerciantes de Foz, pretendendo mediante este órgao a creación dun centro de posta en común de suxestións, propostas, e solucións que teñan como finalidade última a posta en valor do comercio do noso concello, nos que participarán os representantes municipais o os representantes do comercio local e dos consumidores.
Solicitar as axudas económicas, que convocadas polas distintas administracións públicas, as que poida concurrir o concello de Foz, para implementar proxectos ou iniciativas previamente acordados no seo da Mesa municipal de Comercio.
Presentouse aos asistentes o Borrador da Ordenanza Municipal que se pretende aprobar polo equipo de goberno para regular a instalación das terrazas dos establecementos de hostelería. A valoración da mesma, logo do seu estudo polos representantes de comerciantes e consumidores será obxeto dunha nova convocatoria da mesa local de comercio que para tratar este asunto será convocada este mismo mes de maio.
Así mesmo informouse á Mesa da entrada en vigor o día 31 de maio da nova ordenanza que regula as licencias de apertura de locais comerciais sen indicendia ambiental, aprobada no pasado pleno do mes de marzo.
Na mesma sesión, e por proposta de alcadía aprobouse o programa piloto de reorganización da zona enmarcada nos arededores do xardín da Praza Conde de Fontao, que servirá como primeira actuación da Mesa Local de Comercio.
Esta Mesa Local pretende dinamizar e mellorar tanto as infraestructura como as bases de asentamento do comercio como vía de emprego e futuro da actividade de servizos no Concello de Foz como en materia de turismo.