MEDIO RURAL ABONA Á FEGAMP 1,15 MILLÓNS EN CONCEPTO DOS GASTOS DO GRUMIR DE 2011
A Federación procederá esta mesma semana a realizar os ingresos aos 46 concellos que adiantaron estes fondos o pasado ano e estaban pendentes de cobro
José Manuel Rey agradece “a implicación” da conselleira Rosa Quintana, “que cumpriu o seu compromiso cos alcaldes para resolver esta débeda”
SANTIAGO. A Consellería de Medio Rural abonou este luns á Fegamp os preto de 1,15 millóns de euros correspondentes aos gastos do Grumir do pasado ano. Esta cantidade debíase aos concellos galegos, que adiantaron con fondos propios os importes correspondentes para soster os denominados “equipos estables” de emerxencias. A Federación procederá esta mesma semana a realizar os ingresos aos 46 municipios que estaban pendentes destes cartos.
En total, eses 1,15 millóns de euros repartiranse en partidas de 25.000 euros para cada un dos 46 concellos. Na provincia da Coruña veranse beneficiados Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Brión, Carballo, Cee, Noia, Ordes, Ortigueira, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo; en Lugo serán Burela, Cervo, Chantada, Guitiriz, Monforte, Monterroso, A Pontenova, Sarria, Vilalba e Viveiro; en Ourense serán Allariz, Baños de Molgas, Os Blancos, O Carballiño, Castro Caldelas, A Gudiña, Laza, Lobios, Maceda, Muíños, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo e Vilar de Barrio; mentres que en Pontevedra corresponderá a Bueu, O Grove, A Guarda, Lalín, Redondela, Sanxenxo e Silleda.
Os denominados “equipos estables” do Grumir estaban compostos por tres operarios que permanecían durante todo o ano nos concellos aos que estaban adscritos. O seu mantemento recaía nas consellerías de Medio Rural e Presidencia, mentres que os doce integrantes que completaban cada brigada do Grumir custeábanse desde a Consellería de Traballo e Benestar.
En decembro, a Fegamp informou por carta aos alcaldes afectados das dificultades para que Medio Rural abonase os 1,15 millóns que lle correspondían, un diñeiro que adiantaron os concellos nun momento tan crítico para as facendas locais. Con todo, a substitución á fronte da Consellería facilitou o cumprimento dos compromisos adquiridos. Xa o pasado mes de abril, o conselleiro de Presidencia anunciaba en sede parlamentaria o abono desta débeda, que se fixo efectiva esta mesma semana.
O presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, destacou a implicación da conselleira Rosa Quintana para o desbloqueo deste problema. “Unha vez máis, conseguimos que unha situación que parecía abocada ao conflito se solucione a través da negociación e o diálogo”, manifestou, “e quero agradecer especialmente á conselleira a sensibilidade que mostrou co mundo municipal, porque eses 25.000 euros poden parecer unha cantidade menor, pero no actual contexto, supoñen un esforzo para moitos alcaldes á hora de cadrar as súas contas”.
“A conselleira comprometeuse cos alcaldes a resolver esta débeda en canto tivo coñecemento dela, e cumpriu a súa palabra”, subliñou Rey Varela. “Pola nosa banda, a Fegamp está a traballar activamente xunto á Xunta na redacción do novo mapa de emerxencias, máis profesionalizado, e cun financiamento máis estable”, engadiu o presidente da Fegamp e alcalde de Ferrol.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



