CUMPRIRONSE AS PREVISIÓNS DO ALCALDE
01/05/2011. Castiñeira tiña razón, cando advertía que non aprobar o plan de Axuste traería máis problemas á xa difícil situación económica local, que herdou dos socialistas focenses.
Fai uns días no concello de Foz recibiron a notificación por parte do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de que se lle retirará o 50 % da participación nos tributos do estado.
Malas noticias segundo o Alcalde que constatan, tal e como advertiu á oposición no pleno de Marzo, cando lle rexeitaron o plan de axuste que presentaba, que a peor das dúas alternativas que presentaba o Ministerio para pagar aos provedores as débedas ata o mes de decembro do 2011, era precisamente a que decidiu a oposición, a cegas, sen saber cal ía ser o desconto na participacións que o Estado fai ao concello mes a mes, e non acollerse ao ICO.
Castiñeira afirma resignado, que a oposición tomou o camiño escuro fronte ao que presentamos o grupo que goberno, que aínda que suporía un axuste importante, aportaba liquidez mediante un crédito ICO con una amortización a largo prazo, 10 anos que era perfectamente compatible co desenrolo normal da actividade municipal, resultando una media de 12.000 € ao mes de custos, perfectamente asumible no plan presentado.
Agora según o Ministerio, o concello quedarase sen 65.000 € mensuais que lle serán retirados da participación dos tributos do estado nos próximos meses, máis de 5 veces o ofrecido polo ICO; que según o Alcalde complicarán de forma importante a liquidez nos próximos orzamentos.
Postos en contacto con responsables do ministerio, explicaron ao rexedor, que como norma xeral aplicarase o desconto do 50%, aínda que o propio articulo 111 dos presupostos xerais do estado contempla una posible redución ata un mínimo do 25%, sempre e cando se aprobe un plan de saneamento polo pleno do concello.
Aínda así, no mellor dos casos contando que a aposición aprobase agora o plan de saneamento, cousa difícil según Castiñeira, porque xa non aprobaron o plan de axuste que presentou o grupo de goberno, por puro capricho político, a cuota sería duns 37.000 € ao mes, e dicir 3 veces máis do que correspondería co Crédito ICO.
A falta de responsabilidade política da oposición focega; Psoe , Unifoz; e Bng traerán problemas á economía local, que agora sí, sen escusa algunha, necesitará aprobar a taxa de depuración que xa levou no seu día ao pleno o Grupo Popular, para poder facer fronte aos descontos que resultan do pago a provedores que se sinalan nos presupuestos generales do estado, e que iso non afecte ao pago das nóminas do persoal.
Castiñeira afirma que son incompatibles os intereses persoais dos portavoces da oposición, cos intereses do pobo, e chama aos portavoces da oposición a dialogar sobre a situación que eles mesmos provocaron ao non aprobar o plan de axuste como fixeron a totalidade dos concellos veciños, algúns deles gobernados tamén polo Psoe ou o Bng, e que constata que fora de calquer planteamento político ou persoal, acollerse ao crédito ICO; como propoñía o PP local, era a mellor solución.
Remitido