O domingo 29.04.2012 tivo lugar unha homenaxe a dona Isabel Molares Alonso, mestra en Trasbar durante 15 anos (1960 – 1975).
O acto, organizado pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar, celebrouse no Local Social de Trasbar. Asistiron preto de 70 persoas e foi un acto cargado da emoción lóxica dun reencontro mestra – alumnos.
Estamos moi contentos por ter logrado organizar este encontro e agardamos que fose unha tarde inesquecible tanto para Dª Isabel coma para os seus alumnos.
Nas imaxes, unha con todos os asistentes (falta os membros da organización) e outras con todos os antigos alumnos que se achegaron a Trasbar para render homenaxe a unha mestra que formou parte da súas vidas e que foi coma un membro da familia.
Remitido