O RUMOR DAS ONDAS DA MAREA LARANXA XA SOA NA PRIMEIRA DIVISIÓN
O rumor das ondas da Marea Laranxa, desa fiel afección comprometida e constante, xa soa na Primeira División. Un pequeno gran paso distancia o Burela FS Pescados Rubén da súa ansiada meta, o último asalto co Sala 5 Martorell FS como inimigo, que inaugurará mañá o impoñente Vista Alegre (20.30 horas).
“Esta é a hora da verdade” asegurou o técnico, Julio Delgado, que incidiu no “soño cumprido” do equipo co acceso ao play off e na relevancia de tomar a dianteira nesta última eliminatoria, co incondicional apoio da numerosa familia laranxa. “A afección de Vista Alegre é importante en calquera disputa, pero mañá estou seguro de que nos dará un pouco máis aínda, se é posible” vaticinou Julio Delgado, que se recoñeceu tranquilo e ilusionado polas óptimas condicións do equipo: “Estamos preparados para afrontar con rigor este último asalto. A eliminatoria de Manzanares fíxonos un gran favor moralmente; os xogadores están moi mentalizados das posibilidades e son completamente conscientes da realidade”.
O adestrador burelista destacou a experiencia e o gol como as grandes fortalezas do rival: “O Martorell chegou ata aquí por méritos propios; impúxose ao Xaén en tres citas (5-2, 5-2 e 1-2) cun equipo traballado, compacto e experimentado, que dispón do máximo goleador da categoría, Diego Blanco, onde tamén sobresae Marc Areny”, dixo Julio Delgado, concluíndo “será un partido moi disputado, un grande espectáculo”.
O vestiario laranxa poderá dispoñer dunha maior presenza de Purao, minguado nos últimos encontros por unha lesión de menisco. Pola contra, non contará para mañá co meta Brais, que se resentiu esta semana de antigas molestias; o seu lugar ocuparao Javi Fajardo, do Concello de Trabada FS. Julio Delgado tamén reclamou os xuvenís Keko, Antón e Aarón para o quentamento inicial, coa posibilidade de entrar na convocatoria. O cadro catalán tamén se verá prexudicado nas rotacións, coa ausencia do peche Julio López, sancionado na primeira eliminatoria con catro partidos de suspensión.
O Burela FS viaxará a terras barcelonesas a vindeira semana para superar o último obstáculo que o separa da elite o sábado (18.00 horas), no pavillón municipal de Martorell. No caso de que sexa necesario o desempate, o enfrontamento definitivo disputarase o domingo, a partir das 20.30 horas.
Entradas. Para aqueles inchas que aínda non se fixeran coa súa entrada, Vista Alegre abrirá mañá a venda ás 19.30 horas. As tarifas para os SOCIOS/AS da entidade serán de 3 euros, os NON SOCIOS/AS deberán abonar 10 euros; as entradas de socio tan só se poderán retirar presentando o carné do CD Burela FS 2011-12. Todos os afeccionados/as accederán ao sorteo dun apetitoso surtido de produtos gastronómicos durante o descanso do encontro.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
