Rematou a tempada 2011-12 de Billarda. O complexo deportivo de Conxo (Santiago de compostela), acolleu aos Campions das cinco conferencias para a disputa das finais absolutas. Ca próxima implantación de céspede artificial, o campo de terra quixo despedirse a galega regalándonos unha xornada pasada por auga de forma que, mais parecía que estábamos a xogar no medio da Ría, enriba do tesón que nun campo deportivo.
A incesante choiva a piques estivo de votarnos para atrás, pero a serpe multicolor da LNB demostrou mais unha vez que contra vento e marea a Billarda tira para adiante. As nosas valentes mulleres non recuaron nin chisco e abriron o fogo ca disputa da súa competición baixo a choiva e pisando as pozas como se de sacar longueiros se tratara.
As carreiras foron pasando e mais de unha favorita quedou fora as primeiras de cambeo (entre elas a vixente campiona Reyes, Raquel, Bea, Begoña ect.etc.), a lameira en que se convertiu o campo puxo a súa parte no desenlace das eliminatorias nas que destacaron as palanadoras do Salnés. Chegou a final unha novata que viña pisando forte nos derradeiros abertos. Lu dos “Corredoria” viuse na final contra Geni de “Os Outros”, veterana excampiona que viña con gañas de repetir título. Enfrontamento moi igualado que tivo que ir ao desempate. Un erro de Geni foi dabondo para que Lu sentenciara e se convertira en Campiona 2012. Terceira foi Elena, dos Bateas e cuarta Cheli dos Corredoiras.
No capítulo de varados, o espectáculo foi mais ben probe. As billardas molladas e rebozadas de area como croquetas, esixían mais forza que destreza para achegalas ao Varal. Despois de sete intentos e de acortar a pista uns metros, so una vez traspasou a liña por dentro do varal. Xan Rodiño de “Bateas” foi o afortunado en tal fazaña.
Ca lixeira melloría do tempo (deixou de chover) deu comezo a competición por equipos. Fixo o saque de honra o ciclista galego Ezequiel Mosquera baixo unha calurosa ovación e repetiu saque o tamen ciclista-LNB Rubén Sánchez, campión galego en ruta e con millor xeito para lle dar a billarda que o seu compañeiro.
Aquí non houbo sorpresa ningunha. Cumpriuse o pronóstico dos favoritos e repetiuse o do ano anterior. Bateas primeiros e Billardeiros Musicais segundos. Terceiros foron os Corredoiras, un gran resultado no seu debut en Conxo.
A final individual absoluta foi moi disputada. Markytos (que xogou tódalas finais ata agora con dous títulos e dous segundos postos), era o máximo aspirante a Coroceiro Nacional pero non puido pasar de cuartos e caeu contra Guille. As dúas semifinais enfrontaron a Guille con Xan Rodiño e por outra banda a Eric con Rubén Otero. O Sur impúxose desta volta os palanadores da Mariña.
Xan Rodiño tiña na súa man acadar os tres títulos en xogo. Xa era Campión en varados, tamén por equipos e faltaba o individual absoluto. Ruben Otero por contra tamén quería recuperar o título que xa acadara en 2009 e xogou maxistralmente para conseguilo. Comenzou a andaina un pouco floxo pero cada carreira subía o seu nivel e a concentración era máxima. Por riba contaba co seu abroncador particular, Serxio, que o increpada duramente antes de cada golpe e abofé que fixo efecto, O de Mos non deu chance a Xan e vestíu a Coroza como bicampeón. Terceiro foi Eric e cuarto Guille.
Houbo trofeos para tódolos gañadores, autoxestionados polas conferencias e co patrocinio de Tenda Galiza, Cervexa Menduiña, Radio Música en Galego e o Concello de Santiago de Compostela os que agradecemos enormemente a súa colaboración e implicación na Billarda.
A tempada regular rematou, agora toca disfrutar dos abertos de verán que se están a espallar por toda a xeografia e cada volta son mais. Comenzamos o domingo en Muimenta, logo no Masma, logo o Año Mouro, logo….moitos, moitos mais.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
