A BIBLIOTECA PROVINCIAL NODAL ENTREGA O PRÓXIMO DÍA 29 DE XUÑO OS PREMIOS AOS ESCOLARES GAÑADORES DO CERTAME DE DEBUXO E REDACCIÓN LETRAS GALEGAS
Un total de 23 nenos e nenas recollerán os premios e accésits outorgados polo xurado que presidiu José Carlos Rodríguez Andina, xefe de coordinación da Área de Cultura da Delegación Territorial de Lugo
Lugo, 24 de xuño de 2012.- A Biblioteca Provincial Nodal de Lugo, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será escenario o próximo venres 29 de xuño da entrega dos premios do Certame de Debuxo e Narración Letras Galegas 2012, no que concorreron traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 20 bibliotecas públicas municipais da provincia e o propio centro ubicado na capital lucense.
O acto de entrega de premios desenvolverase no salón de actos do centro a partir das 17.00 horas. Os premiados foron outorgados logo das deliberacións dun xurado que estivo encabezado por José Carlos Rodríguez Andina, xefe de coordinación da Área de Cultura da Delegación Territorial de Lugo. Actuaron como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial Nodal; Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, sendo secretario o xornalista Xulio Xiz.
Recollerán os seus premios e accésits un total de 23 nenos e nenas, divididos en tres categorías por tramos de idade. A primeira, categoría A, engloba aos participantes de ata 8 anos; a categoría B, a escolares de 9 a 11 anos, e a categoría C, a rapaces de 12 a 16 anos.
A relación de premiados é a seguinte:
NARRACIÓN
Categoría A (Ata 8 anos):
Antía Lillo Irimia. 8 anos. Biblioteca de Lourenzá
Paula Espín García. 8 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Ánxela Fernández Otero. 5 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Accésits:
Sandra Mariño Mourelle. 7 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Marco Fernández Folgosa. 6 anos. Biblioteca de Foz
Categoría B (9 a 11 anos):
Javier Álvarez Méndez. 10 anos. Biblioteca de Lourenzá
Antía Montes Coego. 11 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
María Pérez Vior. 11 anos. Biblioteca de Foz
Accésits:
Raquel Eiras Lombardero. 11 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Claudia Ares Vila. 10 anos. Biblioteca de Monforte
Categoría C (12 a 16 Anos)
Codés Lillo Irimia. 14 anos. Biblioteca de Lourenzá
Lorena Barrera López. 14 anos. Biblioteca de Burela
Uxía Fernández Vázquez. 12 anos. Biblioteca de Barreiros
Accésits:
Marina Riesco Amurrio. 15 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Lucas López Macía. 12 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
DEBUXO
Categoría A (Ata 8 anos):
Laura Rodríguez González. 7 anos. Biblioteca de Sober
Sara Álvarez Civeira. 6 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Brais Fernández González. 7 anos. Biblioteca de Quiroga
Categoría B (De 9 a 11 anos)
Paula Barreiro Rodríguez. 10 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Nicolás López Argiz. 11 anos. Biblioteca de Monforte
Mónica Díaz Fraga. 10 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Categoría C (12 a 16 anos)
Marina Riesco Amurrio. 15 anos. Biblioteca Provincial Nodal
Irene Rico Gómez. 12 anos. Biblioteca de Burela
Lorena Neira Rodríguez. 16 anos. Biblioteca da Pobra do Brollón
Os premios están dotados con cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits, que se conceden en razón da calidade e cantidade dos traballos presentados, con diploma e lote de publicacións.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



