A CIG considera unha falta de respecto que a visita dos responsables de Portos de Galicia a Ribadeo non incluíse unha reunión cos traballadores de estiba do muelle de Mirasol.
Dende CIG A Mariña observamos con estupor a visita dos Responsables de Portos de Galicia a Ribadeo pois na mesma obviaron a situación laboral pola que o persoal de estiba e desestiba están a pasar . A situación é que o Acordo Marco que regula as condicións laborais destes traballadores rematou no 2009. Dende xaneiro de 2011 e logo de renovar a CIG a súa representación sindical na plantilla empézanse a remitir á entidade escritos de denuncia do Acordo para constituir a mesa negociadora dun novo marco regulador. Logo de sucesivos e reiterados escritos, Portos de Galicia non nos recibe na súa sede de Compostela ata o 28 de febreiro de 2012, data na que por fin se constitúe a mesa negociadora. Nesa reunión aprobouse un calendario de reunións quedando establecida a seguinte para o 14 de marzo. Pois ben, dende ese día 28 de febreiro non volveu a producirse reunión algunha sendo as mesmas aplazadas unha vez sí e outra tamén por Portos alegando sempre motivos de axenda.
Asimesmo e paralelamente a este proceso de negociación, dende novembro de 2011 se veñen enviando de forma reiterada escritos ante a falta de medios e equipos de protección individual (EPIs) cos que o persoal está levando a cabo o seu traballo, en prexuizo da súa propia seguridade sen que ata o día de hoxe, se recibise nin dito material nin resposta algunha.
Ante esta situación parécenos que a visita dos responsables de Portos ben puido servir para ademáis dos cometidos amplamente destacados en distintos medios de comunicación , para ver in situ as condicións nas que o personal do servizo de estiba e desestiba traballa e como mostra de, cando menos, boa vontade para iniciar dunha vez por todas a negociación. Este ninguneo non é máis, dende o noso punto de vista, que unha clara mostra da estratexia de dilatar a negociación no tempo, o que, unido ás carencias do servizo en materia de seguridade, amosan unha clara irresponsabilidade.
Nin que decir tén que se esta situación persiste dende a plantilla do servizo e desestiba do Porto de Ribadeo se estudarán as pertinentes medidas de presión.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



