MOCIDADE RIBADEO ESTREA PÁXINA WEB. XAVIER CAMPOS DI QUE QUERE SER UN ESPAZO DE ESCOITA ACTIVA DAS INQUEDANZAS E PROPOSTAS DA XUVENTUDE.
Ribadeo, 30 de xuño de 2012. Recén acaba de saír do forno o site www.mocidaderibadeo.org, o novo espazo na rede da Concellaría de Mocidade. Trátase dunha nova ferramenta de comunicación coas mozas e mozos que quere ser servir de complemento ao traballo diario que se desenvolve de xeito presencial na Casa da Xuventude ou ao que se realiza a través das redes sociais.
Xavier Campos, responsable do departamento de Mocidade sinala que esta web “quere ser un espazo de escoita activa das inquedanzas e propostas da mocidade así como un marco para a promoción e a difusión dos proxectos desta”. www.mocidaderibadeo.org é unha ferramenta máis para traballar dende a horizontalidade, coa participación directa da mocidade no desenvolvemento das actividades e a transversalidade, integrando proxectos relacionados coa cultura, o deporte, a igualdade, a sostenibilidade…
“Queremos convertir o site nun punto de encontro, un motor de iniciativas para tecer e sumar que nos permita, a través da rede e con todas cantas posibilidades aporta esta, seguir COdeseñando, COorganizando, COproducindo que son os nosos piares de traballo dos vindeiros anos”, engadiu Xavier Campos.
A web www.mocidaderibadeo.org vén complementar os perfís cos que conta a Concellaría de Mocidade no Facebook (www.facebook.com/MocidadeRibadeo) e máis no Twitter (@MocidadeRibadeo) así como a propia páxina web do Concello de Ribadeo.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



