O próximo sábado 30 de Xuño, as 8.30 da tarde celebraremos unha gran churrascada (churrasco, panceta, criollos,bebida…) na Praza de Abastos de Burela para celebrar o fin de tempada e o Ascenso á 1ªDivisión acadado polo noso equipo. O prezo será de: 5€ soci@s, 10€ non soci@s. Animádevos a celebralo con nós, nunha noite na que non faltara a boa música, a boa compañía e algunha sorpresa máis que temos preparadas. A data límite para apuntarse será o venres 29 de Xuño, no telefono de contacto 680494228 (Toni), no correo da peña ou ben a través do noso facebook. Agardámosvos a tod@s para celebrar esta gran tempada como se merece.
A Peña Deportivista de Burela celebra o fin da tempada cunha churrascada na praza de abastos